//
arquivo

Archive for

"Iso é política"


Din os medios que algo así é o que o Patrón Maior, Benito González, respondeu ao ser preguntado pola protesta das mariscadoras ante a falta de información sobre o proxecto das comportas do Saco de Fefiñáns. “Que vaian ao Concello”, engadiu.

Díxoo Benito González, o mesmo que pasou en vinte e catro anos de ir nunha lista electoral do nacionalismo a coquetear coas altas instancias do Partido Popular. Os que o defenden, e eu conteime algunha vez entre eles, sostiñan que un Patrón Maior debe, por riba de todo, defender os intereses dos traballadores do mar sen importar as cores políticas. As relacións institucionais entre Confraría e Consellaría deben ser, polo tanto, as mellores posíbeis para beneficio de tod@s. Dacordo.

Pero tamén creo que hai tempo que Benito González sobrepasou ese “respecto institucional” e sumouse á lista de mandos do Partido Popular no mapa de poder local e comarcal.

Sería difícil de explicar senón como a pesar de irregularidades nas eleccións no pósito en 2004 segue a ocupar o posto que ocupa, ou como se viviron episodios como o da inauguración da sede do Pósito prohibida pola Consellaría bipartita por ser período electoral respaldado por Tourís, Aragunde e Louzán, ou como vén de ser nomeado membro da dirección da Autoridade Portuaria de…Vilagarcía!

Todo a cambio de manter posturas indefendíbeis para o sector do mar como a da Confraría no respecto ás comportas: Non se pronunciaron cando tiñan que facelo para solicitar un informe de avaliación ambiental (é máis, só dixeron que o proxecto era beneficioso, como así o demostra un documento da Xunta ao respecto), non levantaron a voz para pedir a información que reclaman as mariscadoras sobre o proxecto. Calaron, en definitiva, ante un tema que pode afectar a 180 membros da Confraría de Cambados.

O que fixeron onte as mariscadoras, que quizais deberon facelo hai meses, é un acto de valentía, de defender o que lles corresponde a pesar das presións. Política? Francamente, non creo que tan só vinte mariscadoras, as que non protestaron, foran votantes do PP.

¿Non será política, logo, que o Patrón Maior e a presidenta das mariscadoras calen e asintan ante un proxecto que pode afectar ao marisqueo? Que intereses ocultan?



O BNG apoia ás mariscadoras e acusa ao PP de burlarse delas


O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, remite un artigo que se reproduce a continuación na súa totalidade:

“Levamos máis de un ano lendo nos xornais que a Confraría de Cambados e as mariscadoras apoiaban o proxecto do PP de construír unhas comportas no Saco de Fefiñáns. Onte, as mariscadoras, negándose a baixar a mariscar ata que se lles explique en que vai a consistir o citado proxecto, quedou claro que con elas non falou ninguén do tema. Polo tanto cada vez que se afirmaba que as mariscadoras apoiaban a construción das comportas, en realidade tratábase dunha manipulación e dunha mentira do PP. Este conflito é moito máis ca un problema medioambiental, trátase sobre todo dun problema económico e social que deixa ao descuberto os malos modos de actuar e os intereses que moven ao PP de Cambados.

Os malos modos porque desde o inicio o PP baseou a súa proposta na mentira continuada: que as mariscadoras apoiaban o proxecto, que había un estudio de impacto ambiental que avalaba as comportas, que primeiro se faría o saneamento do Saco, que se as mariscadoras non querían non se farían as comportas… Un montón de mentiras e de ocultismo, pois a día de hoxe semella que ninguén coñece realmente en que consiste o proxecto, e non será polo tempo que o leva solicitando o BNG, tanto a nivel municipal como a nivel parlamentario. A verdadeira realidade é que xa se realizou a licitación da obra pero o PP non fixo nada co saneamento e burlouse das mariscadoras ao ocultarlle toda a información e ao utilizalas nos medios de comunicación para apoiar o seu proxecto electoral.

Os intereses que defende o PP de Cambados non son os das mariscadoras; un dos sectores produtivos que mellor está soportando a crise económica pero que leva moitos anos sufrindo o desprezo e a penosa xestión do PP. Así as actuacións do PP, nos últimos vinte anos, foron o apoio a un encoro inútil (o de Caldas) que pode por en perigo o banco marisqueiro do Serrido, o deficiente saneamento de todo o litoral cambadés que merma a calidade dos bancos marisqueiros (o Saco xa é zona C) e apoio á construción dunha piscifactoría sen condicións que pode prexudicar aos banco marisqueiros litorais. E agora o PP segue a prometer unhas comportas que poden rematar definitivamente co banco do Saco e, se isto non fora suficiente, prometen un porto deportivo do máis agresivo medioambientalmente que podería reducir definitivamente os bancos marisqueiros do litoral cambadés ao Serrido. Este foi o gran apoio do PP ás mariscadoras de Cambados nos últimos vinte anos.

Está claro que os intereses do PP nunca tiveron en conta ao sector das mariscadoras e tamén está claro que estamos a falar dun conflito económico, falamos dos postos de traballo das mariscadoras. Se os bancos marisqueiros do litoral de Cambados non estiveran tan agredidos (agresións debidas á mala xestión do PP municipal), serían moito máis produtivos, o que significaría máis recursos económicos e, polo tanto, máis postos de traballo. Pero, que lle importa ao PP os postos de traballo das mariscadoras?

Levamos máis dun ano lendo nos xornais que a Confraría de Cambados e as mariscadoras
apoiaban o proxecto do PP de construír unhas comportas no Saco de Fefiñáns. Onte, as
mariscadoras, negándose a baixar a mariscar ata que se lles explique en que vai a consistir
o citado proxecto, quedou claro que con elas non falou ninguén do tema. Polo tanto cada
vez que se afirmaba que as mariscadoras apoiaban a construción das comportas, en realidade
tratábase dunha manipulación e dunha mentira do PP. Este conflito é moito máis ca un
problema medioambiental, trátase sobre todo dun problema económico e social que deixa ao
descuberto os malos modos de actuar e os intereses que moven ao PP de Cambados.

Os malos modos porque desde o inicio o PP baseou a súa proposta na mentira continuada:
que as mariscadoras apoiaban o proxecto, que había un estudio de impacto ambiental que
avalaba as comportas, que primeiro se faría o saneamento do Saco, que se as mariscadoras
non querían non se farían as comportas… Un montón de mentiras e de ocultismo, pois a día
de hoxe semella que ninguén coñece realmente en que consiste o proxecto, e non será polo
tempo que o leva solicitando o BNG, tanto a nivel municipal como a nivel parlamentario.
A verdadeira realidade é que xa se realizou a licitación da obra pero o PP non fixo nada co
saneamento e burlouse das mariscadoras ao ocultarlle toda a información e ao utilizalas nos
medios de comunicación para apoiar o seu proxecto electoral.

Os intereses que defende o PP de Cambados non son os das mariscadoras; un dos sectores
produtivos que mellor está soportando a crise económica pero que leva moitos anos sufrindo
o desprezo e a penosa xestión do PP. Así as actuacións do PP, nos últimos vinte anos, foron
o apoio a un encoro inútil (o de Caldas) que pode por en perigo o banco marisqueiro do
Serrido, o deficiente saneamento de todo o litoral cambadés que merma a calidade dos bancos
marisqueiros (o Saco xa é zona C) e apoio á construción dunha piscifactoría sen condicións
que pode prexudicar aos banco marisqueiros litorais. E agora o PP segue a prometer unhas
comportas que poden rematar definitivamente co banco do Saco e, se isto non fora suficiente,
prometen un porto deportivo do máis agresivo medioambientalmente que podería reducir
definitivamente os bancos marisqueiros do litoral cambadés ao Serrido. Este foi o gran apoio
do PP ás mariscadoras de Cambados nos últimos vinte anos.

Está claro que os intereses do PP nunca tiveron en conta ao sector das mariscadoras e tamén
está claro que estamos a falar dun conflito económico, falamos dos postos de traballo das
mariscadoras. Se os bancos marisqueiros do litoral de Cambados non estiveran tan agredidos
(agresións debidas á mala xestión do PP municipal), serían moito máis produtivos, o que
significaría máis recursos económicos e, polo tanto, máis postos de traballo. Pero, que lle
importa ao PP os postos de traballo das mariscadoras?

Nas redes sociais

Xaneiro 2011
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.