//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

"Iso é política"


Din os medios que algo así é o que o Patrón Maior, Benito González, respondeu ao ser preguntado pola protesta das mariscadoras ante a falta de información sobre o proxecto das comportas do Saco de Fefiñáns. “Que vaian ao Concello”, engadiu.

Díxoo Benito González, o mesmo que pasou en vinte e catro anos de ir nunha lista electoral do nacionalismo a coquetear coas altas instancias do Partido Popular. Os que o defenden, e eu conteime algunha vez entre eles, sostiñan que un Patrón Maior debe, por riba de todo, defender os intereses dos traballadores do mar sen importar as cores políticas. As relacións institucionais entre Confraría e Consellaría deben ser, polo tanto, as mellores posíbeis para beneficio de tod@s. Dacordo.

Pero tamén creo que hai tempo que Benito González sobrepasou ese “respecto institucional” e sumouse á lista de mandos do Partido Popular no mapa de poder local e comarcal.

Sería difícil de explicar senón como a pesar de irregularidades nas eleccións no pósito en 2004 segue a ocupar o posto que ocupa, ou como se viviron episodios como o da inauguración da sede do Pósito prohibida pola Consellaría bipartita por ser período electoral respaldado por Tourís, Aragunde e Louzán, ou como vén de ser nomeado membro da dirección da Autoridade Portuaria de…Vilagarcía!

Todo a cambio de manter posturas indefendíbeis para o sector do mar como a da Confraría no respecto ás comportas: Non se pronunciaron cando tiñan que facelo para solicitar un informe de avaliación ambiental (é máis, só dixeron que o proxecto era beneficioso, como así o demostra un documento da Xunta ao respecto), non levantaron a voz para pedir a información que reclaman as mariscadoras sobre o proxecto. Calaron, en definitiva, ante un tema que pode afectar a 180 membros da Confraría de Cambados.

O que fixeron onte as mariscadoras, que quizais deberon facelo hai meses, é un acto de valentía, de defender o que lles corresponde a pesar das presións. Política? Francamente, non creo que tan só vinte mariscadoras, as que non protestaron, foran votantes do PP.

¿Non será política, logo, que o Patrón Maior e a presidenta das mariscadoras calen e asintan ante un proxecto que pode afectar ao marisqueo? Que intereses ocultan?



Advertisements

Conversa

One thought on “"Iso é política"

  1. Pos dando solución de continuidade ao espresado por Benito González conmino ás mariscadoras a face-la protesta dentro da Sede do Consistorio, “os periodistas son máis perigosos que os xuíces, destrozan a reputación da xente” e ésta vez con razón (aquí non se informou a ninguén, gobernan sen ter en conta ós veciños), non coma no Golpe de Estado perpetrado polo PP contra o Goberno do BNG, de infausto recordo, xaleando á xente megáfono en man para protestares por unhas normas que a maior parte deles non sabían nin de que iban, para manter aos señoritos. Un pobo de pobres votando á dereita … e segueremos igual senón facemos algo.

    Posted by oscarman | 14/01/2011, 4:52 pm

Nas redes sociais

Xaneiro 2011
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: