No día de onte as diferentes partes expresaron a súa posición sobre a protestas das mariscadoras pedindo informacion sobre o proxecto das comportas.
Concello (PP) e Benito González. Tanto o Patrón Maior como Luis Aragunde mantiveron o mesmo discurso (algo que vai en consonancia co que se comentaba aquí anteonte). Os dous, sen sonroxarse, coincidiron en culpar a María Xosé Cacabelos da protesta a pesar de que a acompañaron 160 colegas. Cacabelos é a número 2 do BNG e eles empregaron iso para dicir que estaba politizando ao colectivo. Ademais dixeron que había unha reunión coa Consellaría para dentro de 15-20 días onde se lles explicará ás mariscadoras o proxecto. A reunión “xa estaba prevista con antelación e non se vai adiantar polas maniobras políticas da concelleira do Bloque”.
BNG. O Bloque amosouse dacordo co colectivo de mariscadoras e tamén opina que o PP e o alcalde mentiron cando dixeron que as mariscadoras coñecerían o proxecto e agora xa está licitado e aínda non se lles presentou. Ademais Víctor Caamaño sinalou ao PP como culpable do mal saneamento de Cambados. Dixo que a Aragunde e aos seus non lles preocupan as mariscadoras senón as Eleccións Municipais de Maio. Criticaron que se lles vaia presentar agora un proxecto licitado, será unha reunión informativa e non consultiva.
Mariscadoras. As mariscadoras, segundo a prensa, desactivaron novas protestas á espera da prometida reunión. Cacabelos repondeu ás críticas de PP e Patrón Maior dicindo que ela ademais de política é unha traballadora.