//
estás a ler...
Cambados

9 empresas compiten pola obra das comportas


Publicábao o Faro de Vigo no día de hoxe. Once empresas se interesaron polo proxecto, cun orzamento de medio millón de euros, e dúas quedaron polo momento descartadas a falta de que presenten a correspondente documentación.

As nove empresas que en principio optan son Proyecon Galicia, Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, Movex Vial, Espina y Delfín, Ceinsa-Contratas e Ingeniería, Ogmios Proyecto, Agrupconsa, la Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Ceo Construcciones e Conslar Ingeniería y Construcción, Aldasa, Espina Obras Hidráulicas e AIN Empresa de Servicios para la Construcción.

Ceinsa e Aldasa tiñan de prazo até mediodía de hoxe para completar os docuementos necesarios. A mesa de contratación de Portos de Galicia tomará a partir de mañá a decisión de a quen lle adxudica a obra.

PARA AS COMPORTAS, CELERIDADE…E PARA O SANEAMENTO?

As comportas, como xa se anunciou repetidamente nesta web e hoxe se comproba, xa se atopan nunha fase moi avanzada do proceso, porén o saneamento necesario para que a intervención non resulte un fiasco para o marisqueo na zona aínda é só palabras. Volvemos remitir ao vídeo que se lanzaba hai unha semana en CTK para entender o problema do Saco e as posturas de cadaquén.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xaneiro 2011
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: