O pasado martes o programa Pleno Aberto recibiu ao voceiro e candidato do BNG, Víctor Caamaño. Nunha entrevista de case media hora Víctor repasou varios temas, por un lado presentou outra vez o primeiro tramo da candidatura, afirmando que a xente que concorrerá son persoas válidas e comprometidas, capaces de traballar en prol dun novo Cambados. Porque, asegurou, o BNG preséntase para gobernar este Concello.
Caamaño repasou os últimos catro anos, dos que destacou que a súa formacion traballou de xeito constante e non exclusivamente para as campañas electorais e entrou moi en contacto coa xente para coñecer os seus problemas, por iso dixo ser optimista de cara Maio. Resaltou que o goberno do PP está caduco e que é necesario cambiar as cousas, e dixo non notar cambios entre o goberno de Tourís e o de Aragunde posto que para el quen sigue tomando as grandes decisións é o ex alcalde.
Desvelando a campaña que fará o Bloque, Víctor asegurou que se centrará en propoñer que o Concello de Cambados sexa un axente dinamizador da economía nesta época de crise. Non entende como o actual goberno non se rebelou contra o proxecto do centro comercial de Vilanova, o BNG apostará polo pequeno comercio, polo turismo (saneando a costa de Cambados e pechando ao tráfico Fefiñáns) e polos sectores produtivos.
Respecto á polémica do Saco de Fefiñáns, repetiu o que os nacionalistas veñen mantendo desde hai meses: non houbo información para os prinicipais afectados, non se trata só dun problema medioambiental senón tamén turísitico, posto que os malos cheiros e as verteduras son moi negativas para a imaxe de Cambados.
Outro tema básico para o Bloque será o PXOM, que xa centrara o debate na anterior campaña de 2007 e que o Partido Popular aínda non foi quen de aprobar. O PXOM é o documento que regularía o desenvolvemento urbanístico do Concello, algo importantísimo.
Caamaño denunciou o desequilibrio entre centro e parroquias, segundo el polos bos resultados electorais do PP neses lugares. Para el son “as grandes olvidadas” e todas as grandes actuacións son para a vila e non para as parroquias.
Víctor Caamaño pediu a confianza para BNG e no seu equipo e asegurou que apostar por esta formación sería a única forma de que Cambados cambiara de estilo, de cara e tivera un futuro máis prometedor.
http://www.goear.com/files/external.swf?file=25b40f2
A Buxaina é unha revista de carácter multidisciplinar, que xurde como colaboración entre os departamentos de ciencias do IES Asorey. Terá periodicidade mensual e responderá a un criterio científico de busca de información, investigación, sentido crítico, capacidade para comunicar, pero tamén que se entronque na realidade cotián do alumnado.
A Buxaina tamén reflictirá un compromiso permanente coa nosa língua, o medio ambiente a a sostenibilidade.
Dedicarase un apartado especial ao cambio climático, dentro do proxecto Climántica, no que o departamento de Ciencias está implicado desde hai varios anos.
O traballo de coordinación correrá a cargo do equipo de profesores e profesoras de Ciencias e na edición participará o alumnado.
A páxina está estruturada en varias seccións que coteñen novas, eventos próximos e contidos científicos agrupados segundo a temática.
Podes acceder xa a A Buxaina na dirección http://iesfranciscoasorey.dyndns.org e queda engadida na lista de enlaces de Cambados(tk).