// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
var jsval = '
‘;
writethis(jsval);
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
Dende hai xa uns anos a prensa comarcal vén reflectindo un tema que compete directamente ao Concello veciño de Vilanova de Arousa pero que colateralmente toca aos demais municipios da comarca do Salnés.
O centro comercial en Deiro xa ocupaba páxinas en 2004, cando o aínda alcalde desa localidade, Gonzalo Durán, explicaba que as instalacións comerciais proxectadas estaban dirixidas a unha poboación de 148.000 persoas.
O goberno do PP de Vilanova presentábao como un grande proxecto que segundo eles vai xerar uns 500 empregos directos e outros tantos indirectos.
Pero tamén desde o comezo escoitouse a voz, moi crítica, do pequeno comercio de toda a bisbarra. O Consorcio de comercio agrupa a todas as asociacións do comercio urbano locais do Salnés, entre as que se atopa Cambados Zona Centro. O presidente de ambas é do noso Concello, Marcos González.
Eles están preocupados pola construción deste complexo, xa que consideran que moitos postos de traballo do pequeno comercio perigarán se isto se fai realidade. Tamén sosteñen que este tipo de actuacións, de grandes superficies alonxadas dos cascos urbanos están moi desaconselladas pola Unión Europea dada desertización que crean nas vilas cercanas.
Un plus na desconfianza que xera o proxecto é o feito de que o Concello de Vilanova recalificara estritamente as parcelas necesarias para o centro comercial de terreo rústico e edificable para que a empresa que quere capitanear o proxecto poida levantalo. A oposición denunciou escuros intereses do goberno local e tildouno de “especulación”.
Perigan os comercios da comarca con este centro comercial? Periga o comercio cambadés? Eu penso que, se é certa información que se deu uns parágrafos máis arriba sobre o mercado que este centro quere acaparar, entón si pode haber unha clara repercusión sobre os comerciantes dos centros das vilas. Porque está claro que dirixirse a 148.000 persoas é algo que desborda por completo a Vilanova, son palabras maiores.
Tamén creo que calquera alcalde dos Concellos veciños debería plantarlle cara ao de Vilanova e saír en defensa dos postos de traballo dos comerciantes, a pesar de que compartan partido político. Lamentabelmente en Cambados, Luis Aragunde, nin o fixo nin parece que o vaia facer. Tampouco o fai o ex alcalde Tourís que agora ten competencia sobre o tema ao ser delegado da Xunta.
E non só é un asunto de comerciantes, é que sen comercio o certo é que os centros das vilas morren. E non creo que queiramos un Cambados baleiro para o futuro.
Vídeo extraído de CanalRíasBaixas.com e imaxe sacada da web oficial de Vilanova
En vilanova ¿non? pero en villagarcia poden abrir chinos enormes,centros comerciales,supermercados grandes,macdonals,multicines; en cambados discotecas,mais 50 pubs e un botellon que e a festa do albariño e poderia seguir decindo outras barbaridades de villagarcia ou cambados mirade pola vosa merda
En cambados ou villamerda suguro que non faria falta licencia
desde villajuan hasta carril merda pa todos
cambados vive de 4 autobuses, mariñeiros puruanos, pubs que pasaron por 5 inquilinos valla negocio, narcos os que tiñan como deuses, e unha plaza tan famosa que so ten dous bares
Os problemas de cambados non e centro comercial de vilanova
desde corbillon hasta castrelo me…. p. todos
cambados narcos invidiosos
noxentos
aupa vilanova