Outro episodio de escurantismo por parte da Confraría de Cambados neste suma e sigue relacionado co tema das comportas do Saco de Fefiñáns. Hai un par de semanas cando as mariscadoras se plantaban pola falta de información, a Confraría e o alcalde anunciaron unha reunión onde técnicos da Xunta explicarían a obra a este colectivo de 180 traballadoras do mar.
Pois ben, as prioridades quedan agora claras: mentres que o Concello enviou unha nota de prensa que publicou o Faro o día 21, ás mariscadoras só se lles informou oficialmente hoxe sobre a reunión, que terá lugar pasado mañá.
Hoxe era o último día de traballo e a presidenta da Agrupación, Isabel Pérez (aliñada nesta polémica co PP e co Patrón Maior) acudiu ao punto de control arredor das dúas do mediodía cunha nota coa convocatoria da reunión, que será o venres ás 10:30 en 1ª convocatoria e as 11:00 en 2ª convocatoria.
A reunión ademais será tan só informativa, posto que o proxecto está aprobado e xa está en licitación. Non é unha reunión consultiva para ter en conta a opinión deste colectivo, ao que tanto lle vai no tema.
http://www.panoramio.com/photo/23284483
en canto poñan as comportas non se verá a merda sair.. pero seguirá ahí… pobre do que alí intente practicar deporte algún.. non aconsello aos piragüistas de cambados que o intenten.. ainda que xá teñen bastante experiencia en augas de pésima calidade pois teñen que entrenar no porto de San Tomé e aquelo non e auga cristalina exactamente.
Gazas, Miguel, unha imaxe vale mais que mil discursos de políticos ou pseudo políticos. Xa deixaches todo díto…..