//
estás a ler...
Cambados

"Non quedamos nada convencidas"


A reunión de onte que organizaron o Concello e a Confraría para explicar o proxecto das comportas ás mariscadoras non tivo o éxito que desde o Partido Popular agardaban. A reunión fraguouse logo de que 160 traballadoras se plantaran e pediran información sobre o asunto. Onte, Aragunde trouxo seis técnicos da Xunta para que lles contaran as supostas virtudes do proxecto, pero o público (máis de un cento de mulleres segundo a prensa) recibiunos máis ben mornamente.

Algunhas das declaracións das mariscadoras que recollen hoxe os medios son ilustrativas: “Tiñades que ternos xuntado a todas antes, antes de que se nos quentaran as cabezas”, “Queremos ver o proxecto plasmado en papel e temos dereito a presentar alegacións”, “En todo momento estivemos excluídas deste proxecto” ou “Cal é o problema de esperar a que a zona esté saneada para poñer as comportas?” son algunhas das preguntas que lle fixeron aos ponentes.

Aragunde prometeu por enésima vez sanear o Saco, pero as traballadoras non entenden precisamente porque non se sanea o lugar antes da instalación das comportas. O alcalde incluso apelou ás emocións para tentar convencer ao colectivo: “Eu sigo sendo persoal da Confraría -é traballador da lonxa en excedencia- así que xamais farei nada en contra das mariscadoras”. Tampouco así se gañou ao público. Onde si acertou o rexedor foi cando dixo “O Saco de Fefiñáns está no seu peor momento da historia”. E algo terán que ver niso os vinte anos de goberno do Partido Popular en Cambados.

BNG: “AO PP A OPINIÓN DAS MARISCADORAS NON LLE IMPORTA O MÁIS MÍNIMO”

O voceiro e candidato do BNG á alcaldía, Víctor Caamaño, remitiu unha nota na que critican que a reunión non fora consultiva senón meramente informativa, forzada pola presión das mariscadoras.

O peche do banco do Saco de Fefiñáns é “unha morte anunciada” polo mal facer dun PP que xestionou fondos europeos para saneamento sen resultados. O das comportas “é un proxecto de imposición e que non atende aos mínimos principios de prudencia”.

Víctor Caamaño cre que o proxecto é un exemplo de como actúa o PP de Cambados desde hai moitos anos:

  • con prepotencia, mentira e aplicando a política de feitos consumados. O proxecto faise por riba de todos e de todas; o “PP non ten que darlle contas a ninguén”;
  • con  incompetencia e ineficacia pois o paso do banco marisqueiro de  Zona B a Zona C  produciuse por deixadez do PP;
  • con desprezo a un sector produtivo, o das  mariscadoras, poñendo en perigo o seu medio de vida (o PP defende outros intereses: os intereses do PP están en contra do presente e do futuro de Cambados (a que beneficia esta obra?);
  • con manipulación de organismos e asociacións: o PP utilizou o que representa a Confraría e a  Asociación das mariscadoras para conseguir a súa finalidade política ( o sector nunca estivo a favor das comportas porque simplemente desde a presidencia da Confraría  fíxose todo o posible para que non se falara do tema)

Pero sobre todo ven actuando, desde sempre, con irresponsabilidade porque está a por en perigo o medio de vida de moitas persoas.

Imaxe extraída de Diario de Arousa

Advertisements

Conversa

One thought on “"Non quedamos nada convencidas"

  1. A culpa de que o Saco non esté saneado é de todos.
    Primeiro os que verquiron residuos os rios da Ucha, Corbillón, Regolgado e no mesmo Saco; segundo os que tiñan que controlar eses verquidos e non o fixeron, siguente os que taparon os rios para non ver e cheirar o fedor. Por certo no rio da Ucha parece que se tapou cos cartos da venda do pinal das Suarosas. Dende a AAVV. de Corbillón denunciouse no seu día todos estes casos, pero ninguén nos fixo caso.

    Posted by Breixo | 29/01/2011, 9:04 pm

Nas redes sociais

Xaneiro 2011
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: