//
arquivo

Archive for

Desmitificando as eleccións municipais (II): A participación en Cambados é alta


Seguimos desmitificando as eleccións municipais en Cambados. Agora é o turno de falar de participación.

É Cambados un municipio con baixa participación nos comicios? Favorecería para as opción de cambio que votara máis xente? Con que variábeis se pode contar no xogo numérico?

A participación en Cambados é alta

É preciso comezar dicindo que Cambados é unha poboación que pode presumir de moi boa participación electoral, sempre por riba das medias galega ou española. Na figura pódese apreciar unha comparación entre a evolución da abstención en munipais e en Xerais en Cambados ou para o conxunto dos electores galegos. A abstención é sempre menor en Cambados.

Pero tamén é preciso salientar que a abstención medra en procesos electorais de índole municipal. De feito se comparamos as catro últimas eleccións municipais coas catro últimas xerais hai unha diferenza media de dez puntos porcentuais (29 fronte a 19%).

Pero a quen favorece a participación? Pois aí si que non se pode tirar de datos certos, entraría a xogar a opinión persoal de cadaquén. Se me preguntan, creo o óptimo é sempre que canta máis xente participe, mellor. Non porque vaia favorecer a uns ou outros, senón porque significa que os cidadáns están tomando as decisións que lle afectan, fanse responsábeis e iso é bo para todos/as.

E se temos que entrar en valoracións subxectivas, sempre se di (e compártoo) que en xeral unha participación fóra do común favorece ás opcións de esquerda, máis críticos por natureza e máis reacios a dar o seu voto se nalgo está disconformes. E polo tanto serían os primeiros en quedar na casa se non están motivados (quen lembra as últimas autonómicas?). E os de dereita teñen sona de máis fieis. Pero como dicía, non hai datos, só especulacións.

O que si se pode sacar en claro é que dada esa diferenza significativa entre eleccións municipais e non municipais, aínda que Cambados é un lugar cunha boa participación  hai espazo real para que aumente en eleccións locais. De mobilizar a ese 10% que queda na casa cando tocan eleccións locais. E os partidos deberían ser conscientes diso e traballar para gañar non só o seu voto, senón o feito de que acudan a votar. Porque si, é bo para todos/as.

Relacionados

Desmitificando as eleccións municipais (I): O Partido Popular NON gaña por goleada

Especial Eleccións 2011

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.