Hai unha semana falábase aquí mesmo do mal mantemento que dá o Concello en xeral a toda obra que realiza. Ao principio a actuación queda xenial (como aqueles contedores soterrados), pero logo nin limpeza nin mantemento e a apariencia deixa moito que desexar.
Un lector de Cambados(tk) deixou no grupo en Facebook unha fotografía-denuncia dun semáforo de Cambados que está atado ao poste con cordeis! Atópase nas inmediacións de Fefiñáns, na saída hacia Vilagarcía.
Onte anunciaba o Concello que soterraría os cables eléctricos que afean a praza…tamén é lóxico pensar que semáforos pendurados non din nada bo ao visitante deste Concello…e non creo que cumpran calquera normativa de tráfico ou seguridade, claro!
O lector que publicaba a foto pregúntase:
Por que en Cambados se amarran os semáforos con cordeis?
1/ ¿Son mais seguros que os parafusos?
2/ ¿Son mais ecolóxicos?
3/ ¿Son mais enxebres?
4/ ¿É UNHA CHAPUZA MÁIS?
Pois aquí queda constancia da chapuza e a tod@ aquel que queira ten á súa disposición esta web tanto no correo (cambadostk en gmail.com) como nos perfís de Facebook ou Twitter.
Hai diferenzas grandes no seo da Confraría. A Consellaría do Mar recibiu nos últimos tempos dúas denuncias dun grupo de socios agrupados arredor do último contrincante de Benito González polo posto de Patrón Maior.
En Maio de 2010 escribiron á Consellaría para que investigara as contas da Confrarías posto que segundo eles se depositaban fondos públicos a contas privadas. Tamén pedían que se revisaran os gasos da tarxeta de crédito e das dietas do Patrón Maior e as actas das reunións dos órganos de goberno para “constatar a veracidade das denuncias”. A consellaría, porén, non considerou oportuno abrir esa investigación.
Máis tarde este grupo pediu á Xunta que estudara os traballos relizados por unha empresa denominada Pelea C.B., xa que segundo eles podería ser un xeito de obter fondos públicos que as dietas non lle permiten acadar ao Patrón Maior. Acúsano ademais de empregar “fondos públicos sen control” e de usar o vehículo oficial que ten como Presidente da Federación Galega de Confrarías “para todo tipo de actos”.
Outra reclamación é a de que as lanchas de vixilancia son utilizadas, segundo os críticos, para vixiar bateas. “Como un servizo público se usa para beneficio privado?”, pregúntanse. Por outra banda tamén sinalan que en 2002 a Confraría puido mercar unha máquina de lavar caixas grazas a unha subvención da Xunta “e non se sabe onde está”, “como é posíbel que se pague a unha persoa para que faga dito traballo?”. Outra presunta irregularidade sería o suposto pago de 600 euros mensuais a unha persoa para que exerza de conserxe “sen ningún tipo de contrato”.
Este grupo, a falta de respostas por parte da Xunta (é sabida a boa relacion de Benito González co ente autonómico e co partido que goberna) decidiu lanzar as súas denuncias á opinión pública.
Imaxe extraída de La Voz de Arousa
Relacionado
“Iso é política” – Artigo de opinión sobre Benito González (13/01/11)
O Concello anunciou un acordo con Unión Fenosa e coa Xunta polo cal se poderá realizar por unha banda a retirada do transformador que está situado a carón da Torre da Homenaxe e por outro lado eliminar os cables eléctricos aéreos da zona da Praza de Fefiñáns. Unha medida que foi reclamada en máis de unha vez pola oposición. Unha medida positiva, agora falta que se cumpra o prometido, xa que en 2005 fíxose un anuncio das mesmas caracterísiticas do que a prensa comarcal dicía “en las próximas semanas, el Concello y Unión Fenosa firmarán un convenio de colaboración para eliminar el transformado”. Esperemos que en cinco anos non se volva a anunciar a obra.
O que aínda non puidemos escoitar foi un anuncio da eliminación dos vehículos rodados na Praza e nas inmediacións, que é reclamado por unha maioría social e sería beneficioso para o turismo e para o comercio da zona.
Lembra que podes asinar online pola peonalización seguindo este enlace ou unirte ao grupo en Facebook da causa.