//
estás a ler...
Cambados

O Ano Asorey parece que arranca


Levamos xa un mes de Ano Asorey 2011 e aínda non escoitáramos nin unha vez nestes trinta días falar del. Hoxe, felizmente, o escultor inunda as páxinas da prensa comarcal, xa que onte se debatía no Parlamento unha moción dos socialistas que pedía á Xunta apoio a Cambados para a celebración dos actos relacionados co artista, e que contou co respaldo de todas as forzas políticas.

Por outra banda, o Faro de Vigo sinala que a xa anteriormente anunciada exposición na Cidade da Cultura será unha realidade, logo de que o Conselleiro correspondente así o confirmara. E máis interesante, se cabe, sería a organización dunha mostra complementaria no Pazo de Torrado, de xeito que se amosen no Monte Gaiás pezas que por tamaño non poden ser expostas no noso Concello.

En internet é moi recomendábel a visita ao blog de Maribel Iglesias sobre Francisco Asorey (de onde se extraeu a imaxe). Alí podes atopar roteiros sobre o artista con cantidade de testemuñas gráficas, repasos máis detallados sobre algunhas pezas, comentarios sobre a súa vida… en definitiva un espazo que non debes perder, e menos neste ano!

Conversa

2 thoughts on “O Ano Asorey parece que arranca

  1. Esta ben iso de que se lle recoñeza a nivel de Galicia. A ver que da de si este novo ano Asorey !

    Posted by Emm Joven | 03/02/2011, 4:36 pm
  2. Pois si, é algo positivo. Espero que quede nalgo máis que nunha moción do Parlamento, veremos! Saúdos

    Posted by Óscar | 03/02/2011, 7:20 pm

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: