//
arquivo

Archive for

Confusión en Facebook polo TK


Hoxe CTK tivo coñecemento a través dun lector de que se creara un perfil en Facebook co nome “Cambados Tk”. Ao ter noticia do feito púxose en coñecemento da persoa responsábel dese perfíl a coincidencia de nome con esta web, que tamén ten un grupo na popular rede social. Tras unha pequena conversa non exenta de malentendidos, finalmente o responsábel tivo a ben atopar outro nome para o seu usuario: Cambados Para O Mundo.

Cambados Para O Mundo é un novo espazo na rede social que pretende dar a coñecer o noso Concello arredor do globo. De momento o autor colgou algunhas bonitas fotografías antigas da vila e outras máis modernas, e pide colaboración.

Desde Cambados(tk) suxerimos a entrada a este perfíl, do que podes facerte amigo seguindo este enlace

O grupo de CTK segue estando onde estaba até agora. Podes acceder aquí.

No medio deste ruxe ruxe non podemos esquecer dar a noraboa a cada inciativa positiva para Cambados, e esta é outra delas.

QUE SIGNIFICA O TK?

Xa se explicou algunha vez, en particular nunhas das revistas Mocidade en Marcha á que podes acceder no menú de arriba. Cando se creou este espazo na rede hai seis anos unha persoa puxo en coñecemento do responsable de CTK a existencia duns dominios gratuitos: TK. “TK” significa Tokelau, e  é un arquipélago da Polinesia que ten certo grao de autonomía a pesar de depender de Nova Celandia.

Benito González estivo en Bruxelas hoxe convidado pola Xunta de Galicia


O Patrón Maior de Cambados, Benito González, viaxou até Bruxelas acompañado dunha mariscadora, María Xosé Martínez, para participar nun debate sobre a reforma da política pesqueira europea. O foro estaba organizado pola Consellaría do Mar e casualmente as dúas persoas que procedían de Cambados apoian o proxecto das comportas no Saco de Fefiñáns.

Alí tiveron que escoitar outra vez críticas da man da voceira do BNG en Bruxelas Ana Miranda, quen interviu para reclamar unha reforma de pesca que estea integrada cunha política marítima e do medio ambiente e ordenación litoral correcta. Ana Miranda lembrou a falla de depuración e o mal estado do saneamento das rías, a aposta pola macroacuicultura en zonas de protección litoral ou os modelos que degradan a sostenibilidade na produción, como as comportas hidráulicas en Cambados, sinalou a representante europea.

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.