Hoxe CTK tivo coñecemento a través dun lector de que se creara un perfil en Facebook co nome “Cambados Tk”. Ao ter noticia do feito púxose en coñecemento da persoa responsábel dese perfíl a coincidencia de nome con esta web, que tamén ten un grupo na popular rede social. Tras unha pequena conversa non exenta de malentendidos, finalmente o responsábel tivo a ben atopar outro nome para o seu usuario: Cambados Para O Mundo.
Cambados Para O Mundo é un novo espazo na rede social que pretende dar a coñecer o noso Concello arredor do globo. De momento o autor colgou algunhas bonitas fotografías antigas da vila e outras máis modernas, e pide colaboración.
Desde Cambados(tk) suxerimos a entrada a este perfíl, do que podes facerte amigo seguindo este enlace
O grupo de CTK segue estando onde estaba até agora. Podes acceder aquí.
No medio deste ruxe ruxe non podemos esquecer dar a noraboa a cada inciativa positiva para Cambados, e esta é outra delas.
QUE SIGNIFICA O TK?
Xa se explicou algunha vez, en particular nunhas das revistas Mocidade en Marcha á que podes acceder no menú de arriba. Cando se creou este espazo na rede hai seis anos unha persoa puxo en coñecemento do responsable de CTK a existencia duns dominios gratuitos: TK. “TK” significa Tokelau, e é un arquipélago da Polinesia que ten certo grao de autonomía a pesar de depender de Nova Celandia.
Conversa
Os comentarios están pechados.