//
arquivo

Archive for

Que poderás ler de aquí a Maio?


Cambados(tk) é unha web eminentemente adicada á política municipal. Por iso desde hai uns meses até Maio a temática central que poderás ler xirará entorno a iso.
Pero, que hai agardando?

Por un lado, información obxectiva. Desde CTK tentarase informar dos actos principais dos 3 partidos que se presentarán á alcaldía de Cambados. Ademais tentaráse facer eco da maioría das propostas que se lancen, especialmente nos días de campaña. E das candidaturas!

Neste capítulo de información obxectiva tamén entra a entrevista electoral que Cambados(tk) xa plantexou aos candidatos. Polo momento respostaron afirmativamente dous dos tres alcaldábeis, polo que se levará a cabo. Estas preguntas serán publicadas diariamente nos quince días de campaña e prevese que algunha delas sexa proposta dos lectores, proposta vosa (informarase delo).

Ademais lanzarase no tramo final da campaña unha enquisa electoral a semellanza da realizada en Nadal de 2010 (resultados aquí) para comprobar a evolución da opinión dos lectores.

Haberá tamén, por suposto, unha segunda parte máis subxectiva. CTK non é un medio de información convencional, nunca foi o seu obxectivo e nunca o quererá ser. Lanzaranse os pertinentes artigos de opinión que estarán condicionados, obviamente, polo xeito de pensar de quen os escribe. Así como nas anteriores eleccións de 2007 tentouse potenciar ao máximo a publicación de novas obxectivas, desta volta é o turno para as publicacións máis persoais e comprometidas.

E por suposto, hai unha terceira vía que é a túa. Poderás participar por todos os cauces postos á túa disposición: correo electrónico, grupo en Facebook e perfil de Twitter e libro de visitas.

Advertisements

Esnaquizado o último cruceiro de Fefiñáns


Sucedeu onte sobre as dez da mañá cando unha maniobra dunha plataforma elevadora fixo que parte desta colisionara co cruceiro. Os operarios estaban traballando en arranxar as canalizacións de auga dun edificio de San Gregorio.

O cruceiro sobre danos moi graves, até tal punto de que desde o Concello dubidan que poidan repararse, aínda que xa contrataron a unha empresa para tal efecto.

Aínda que a vara rompeu pola metade a peor parte parece que a levou a cruz, feita cinco anacos. As figuras, como indica a prensa, tamén parece que sofren graves danos.

Imaxe e información extraídas do Faro de Vigo

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.