//
estás a ler...
Cambados

A resposta social e política funciona: Portos promete agora sanear antes de poñer as comportas


A resposta que se ten dado desde varios frontes ao proxecto do Concello e da Xunta de instalar as comportas no Saco de Fefiñáns dá agora os seus froitos.

O Partido Popular tivo que convocar no pasado mes unha reunión informativa co sector das mariscadoras pola contestación exemplar que elas deron plantándose ao non ter información relativa ao proxecto. Na reunión, Aragunde, Benito González e varios técnicos da Xunta non puideron paliar a desconfianza que xera todo o problema nas principais afectadas, xa que a gran maioría entende que antes de actuar na zona débese sanear para que non se empeoren as xa malas condicións para o mariscos.

Agora, Portos de Galicia anuncia que antes das comportas haberá saneamento. De algo valeu toda a crítica, a mobilización (reiterar a importancia que tivo o movemento das mariscadoras, clave no asunto) e agora resta por saber se cumprirán coa palabra dada.

Porque despois das múltiples mentiras (como que o proxecto só se levaría a cabo co visto e prace das mariscadoras, ou que existía estudo ambiental) o que está claro é que é difícil fiarse de Concello, Xunta e Confraría nun tema con moi escuros intereses, e que o Partido Popular non está ao lado dos cidadáns, senón que neste caso reacciona polo medo á previsible contestación que pode ter o seu comportamento nas urnas.

Precisamos un Concello que estea ao carón da xente e non a carón dos seus amigos, un Concello que informe e que planee as súas actuacións e non un goberno que faga o que se lle ocurra, sen previsións,  e con ocultación manifesta. En definitiva un Concello que mire por tod@s e non polos seus achegados. De nós depende acadalo.

Conversa

One thought on “A resposta social e política funciona: Portos promete agora sanear antes de poñer as comportas

  1. Ollo!
    Que entende Portos por saneamento da zona?
    Cando se acaben de poñer uns cantos tubos?
    Ou cando o Saco pase de zona C a zona B?

    Posted by Un que pasaba por aí | 13/02/2011, 12:27 am

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: