//
arquivo

Archive for

O BNG, satisfeito polo anuncio de Portos, reclama o estudo de impacto ambiental


O voceiro do BNG en Cambados, Víctor Caamaño, declarou onte que as reivindicacións do BNG e sobre todo das mariscadoras fixeron posíbel o anuncio de Portos de Galicia de antepoñer o saneamento do Saco ás comportas. Caamaño dixo desexar que o anuncio sexa real e non “unha pura propaganda”, e lémbralle ao ente autonómico que “o saneamento total do banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns require que este volva a estar cualificado de zona B e, polo tanto , cando sexa posible a comercialización do marisco extraído do citado lugar”.

Ademais, O Bloque cre que para asegurarse de que a obra non vai xerar consecuencias negativas para o medio e para actividade produtiva, debe realizarse un estudo de impacto ambiental, tal e como reclamou a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños (dependente da propia Xunta). Víctor Caamaño entende que “non sería suficiente sanear a zona se máis tarde a colocación das comportas significan a destrución do banco do Saco”.

As cadetes B de voleibol, campionas


Desde o XAV Cambados comunícannos a vitoria das cadetes B na liga zonal.

Na galega, o equipo de Alevín Mixto fíxose con catro partidos dos sete que xogaron na primeira xornada. Na foto pódese ver o xoven equipo que forman Antía Martínez, Pili Betanzos, Alba Parada, Andrea Gondar, Cloe e Aloia Ínsua,  xunto coas compañeiras benxamíns ao finalizar os encontros.

As benxamíns tamén comezaron ben (Duna Oubiña, Antía, Clara, Carmen, Ana, Sofía Duymovich e Ángela) e gañaron seis dos sete partidos.

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.