//
estás a ler...
Cambados

Aragunde promete unha nova praza de abastos a tres meses das eleccións


O alcalde de Cambados estivo onte na praza de abastos coa Directora Xeral de Comercio e co Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra (o ex alcalde Cores Tourís) para prometer a creación dunhas novas instalacións para a venda dos produtos do mar.

Faino xa en precampaña electoral, co que se pode considerar esta unha das primeiras promesas dos populares de cara ás eleccións de Maio nas que se disputará a alcadía. Esta proposta, que é  positiva se é real, leva moitos anos no aire da disputa política, xa que o BNG a levaba no seu programa tanto en 2003 como en 2007.

E ese “se é real”, vén da desconfianza das promesas pasadas que non chegaron a facerse realidade. Neste enlace á hemeroteca da Voz pódese ler como en 2003 o alcalde Tourís dicía que o Concello estaba redactando un plan (xusto como sostén agora Aragunde) de transformar a zona da praza, do Porto de San Tomé e de Peña e convertila “nunha gran área de ocio”.

O traballo das aproximadamente 90 persoas que desenvolven o seu labor na praza merece, por respecto, que se cumpra coa palabra dada. Oxalá desta si sexa así. Porque ademais as actividades derivadas do mar son unha compoñente fundamental na economía de Cambados, e o sector produtivo (mar e agro) están a aguantar mellor a crise que outras actividades, e é intelixente apostar por elas.

Promesas incumpridas > En Cambados(tk) estamos a preparar un artigo especial coas principais grandes obras que o PP levou nos últimos programas electorais e das que nada se volveu saber.

Imaxe extraída do Diario de Arousa

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: