//
estás a ler...
Cambados

A prensa comarcal vólcase co Partido Popular


É un feito que non ten demasiada solución, deberá vir de dentro da prensa cando decidan ser realmente independentes e escapar das garras non xa políticas, senón económicas e laborais que o Partido Popular texeu durante vinte anos en Cambados e no Salnés.

O desta fin de semana é unha mostra clarísima do que sucede ca prensa: o venres e o sábado o Diario de Arousa ocupa unha grande porción das páxinas cos actos de presentación de Aragunde, o sábado é La Voz de Arousa quen fai o propio e onte e hoxe é o Faro de Vigo quen lle dá cancha ao partido de goberno. Non sei se se poñen dacordo pero parece que o fan de xeito escalonado para prolongar a presenza de Aragunde nos medios…

Por certo, que hoxe este xornal lle publica a Aragunde unha entrevista que non ten desperdicio: entre outras cousas o candidato do PP afirma que o seu partido vai peonalizar Fefiñáns “nuns seis ou sete anos” (habería que recordalle que as lexislaturas duran catro) porque hai que facelo en “épocas de bonanza” (quizais é que nos últimos vinta anos non as houbo).

Ademais Aragunde volveu a prometer unha praia para Cambados, basicamente desde a Calzada até Tragove, e fíxoo en resposta a unha pregunta do xornalista que dicía asi: “El mayor problema de Cambados es la falta de playas”, unha pregunta que denota unha sutil falta de coñecemento dos problemas reais do noso Concello. Porque desde logo a falta de praia non creo que nin que acade a categoría de “problema” cando temos tantas, naturais e boas,  nun radio tan pequeno.

Respecto á candidatura do PP, Aragunde afirma que será continuísta pero que “tenemos un as en la manga”. Haberá que agardar para coñecer ese as.

Imaxe extraída na mencionada entrevista do Faro de Vigo

Advertisements

Conversa

One thought on “A prensa comarcal vólcase co Partido Popular

  1. Cando a prensa non é pluralista non se lle pode esixir que o sexa; creo que o que temos que facer os que non estamos de acordo coa prensa seguidista e esquecerse dela e procurar unha prensa pluralista é independete; cousa moi difícil nos tempos actuais.

    Posted by Breixo | 21/02/2011, 3:35 pm

Nas redes sociais

Febreiro 2011
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: