Informaron neste sentido os xornais comarcais nos últimos días. Maximino Cid Ferro, sarxento xefe da Policía Local de Cambados tras oito anos de xulgados reclamando o posto que o Partido Popular lle negaba, deixa o noso Concello para voltar a Ourense.
Aduce motivos persoais para pedir unha comisión de servizos que lle permita unha especie de intercambio de funcionarios e pasar así a traballar en Ourense (onde estaba a traballar con anterioridade á resolución do conflito xudicial) até aproximadamente o verán.
Maximino Cid no pouco tempo que leva como sarxento xa deixou pegada en Cambados, e iso púidose ver co suavizamento do tráfico en Fefiñáns, o emprego de bicicletas por parte dos axentes, a iniciativa da obra de teatro cos nenos de Esperanza…
É de esperar que sexa certo que se vai por motivos persoais (e non por ningún conflito máis co Concello) e que nese caso os motivos persoais que agora o levan a Ourense non o afasten permanentemente de Cambados: xente así canto máis preto mellor.
Conversa
Os comentarios están pechados.