//
estás a ler...
Cambados

Xa podes ler o Contra-Bando deste ano


A asociación cultural e comparsa Unha Grande Chea vén de publicar o seu tradicional Contra-Bando (na alcaldía). Este ano é especial porque non vén asinado polo alcalde, como é usual neste documento que publican cada Entroido e porque sinalan que “este ano deixamos”, en clara refenrecia a un veciño de San Tomé, con cargo nunha asociación cultural da vila e que disque pronunciaba esa frase cada ano sendo presidente dunha comisión de festas.

O Contra-Bando de 2011 ten como tema central o tabaco e desde UGCH redactaron unha serie de normas “ante os malos fumes que se aveciñan” cheas de retranca e de referencias humorísticas a persoeiros do Concello, como é habitual.

Pero en lugar de contalo, o mellor é que cada quen lea o contra-bando por si mesmo e logo, de ser necesario, opine. Podes lelo seguindo este enlace que proporcionan na súa web.

Conversa

One thought on “Xa podes ler o Contra-Bando deste ano

  1. Creo que pode ser unha errata o que está entre paretesis (de sentro non hai) igoal tendría que pór (de esquerdas non hai). Creo que despois de ter que facernos traballar até os 67 anos os que se outachaman de esquesdas; non merecen chamarse así, xa que os que temos que traballar no entroido, temos que esparar dous anos mais para poder celebralos; encima si alá chegamos.

    Posted by Breixo | 01/03/2011, 12:25 pm

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: