//
arquivo

Archive for

Inaugúrase o venres a estatua de Francisco Asorey


É unha escultura de Lucas Míguez (o autor da peza homenaxe a Ramón Cabanillas de 2009) e en principio estará ubicada no Paseo da Calzada, no extremo que linda coa Rúa Príncipe. Esta é a localización que máis lle gustaba ao propio autor e segundo o Concello formará parte dun sendeiro (refírense a el como Paseo das Esculturas) que une a Naiciña da Praza Asorey, o Cabanillas no Concello, o Baco da Praza Ramón Cabanillas e a fonte de Narciso Pérez na Praza de Alfredo Brañas.

A peza inaugurarase ás 18 horas o venres. Hoxe á mesma hora terán reunión a Comisión organizadora do Ano Asorey e presentarase o borrador da exposición sobre o artista que se pretende realizar no Pazo de Torrado. Todas boas novas para que arranque de facto xa o Ano adicado ao escultor cambadés.

Información e imaxe extraídas de Faro de Vigo

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.