Onte Cambados foi protagonista dun programa da TVG –Vivir aquí- no cal visitaron o local de efectos navais Lita, que comezou a muller que lle deu o nome e que agora siguen as fillas xa no porto de Tragove. Ademais a presentadora deuse un paseo polo porto e entrevistou ás redeiras que estaban alí traballando. Podes ver o vídeo premendo na imaxe ou accedendo a este enlace, a parte adicada a Cambados comeza no minuto 22.
Proximamente publicarase aquí un artigo-análise sobre o Plan de Ordenación do Litoral (POL), que marcará o desenvolvemento urbanístico de Cambados xa que é un plan permanente e non unha medida temporal (como o era a Lei dos 500 metros).
Durante o ano pasado realizouse en CTK unha análise do POL provisional (podes consultar os artigos máis abaixo) e agora explicarase cales son as consecuencias do POL para Cambados adxuntando outra vez planos oficiais da Xunta, unha vez que se presentaron e se admitiron ou non as pertinentes alegacións.
Tamén se fará unha crítica das posturas de cada partido político arredor dun tema de grande calado para o Concello.
Relacionado
Febreiro de 2010 (Sobre o POL provisional)
Plan do Litoral I: Unha lectural xeral