//
arquivo

Archive for

O BNG presenta a súa campaña online


Hoxe nunha rolda de prensa o BNG de Cambados deu a coñecer as liñas mestras da súa campaña electoral na rede. Pódese resumir en tres palabras: blog, Facebook e Youtube. Son as canles que se utilizarán en maior medida para dar a coñecer o equipo de persoas que acompañan a Víctor Caamaño na carreira á alcaldía e todas as propostas que desde o BNG se lanzan e se van lanzar.

OS VÍDEOS: UN XEITO INÉDITO DE DARSE A COÑECER

Arranca hoxe a parte máis orixinal da campaña, a de Youtube. Nun primeiro vídeo o BNG presenta o primeiro tramo da lista (os seis primeiros postos), e cada candidato vai resumindo en apenas unha frase un dos eixos da acción que o Bloque quere levar a cabo no Concello. Por último Víctor Caamaño amósase optimista e pide o apoio de todos/as para rematar con “20 anos de desgoberno do Partido Popular” e para propoñer un Cambados “que conte con todos e todas, con servizos públicos de calidade e con boas infraestruturas”.

E haberá máis vídeos, cada un servirá para presentar e explicar propostas concretas do Bloque á sociedade cambadesa. Lanzaranse cada pouco tempo e para iso usarase o perfil de Facebook da fronte, que conta xa con máis de dous mil amigos, co apoio de toda a base simpatizante do BNG en Cambados.

PSOE E PP TAMÉN NA REDE

O PSOE vén de abrir unha nova páxina en internet cun aspecto moito máis moderno e sobre todo máis doado de empregar que a anterior. O Partido Popular por primeira vez súmase a internet (sen contar o uso que fan da web do Concello, claro) e aínda que non o presentaron aínda existe unha web do candidato Luís Aragunde.

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.