//
arquivo

Archive for

O uso partidista da mocidade


Hai aproximadamente un ano presentábase nos medios unha asociación xuvenil en Cambados chamada Retranca.

En Cambados(tk) facíamonos eco deste feito, que calificábamos como “unha nova moi positiva” para Cambados.

Tan só un mes despois daquela presentación publicábase aquí outra referencia a Retranca máis crítica, nun mes o Concello xa lles facilitara un local para a súa asociación, o cal parecía sospeitoso cando o Concello de Cambados non se distingue precisamente por colaborar coas entidades culturais independentes (nas hemerotecas hai cantidade de exemplos…as cadeiras de Caracol, os palcos e as contraprogramacións a Unha Grande Chea, a denegación do Auditorio aos libreiros…). Por iso semellaba estrano tanta boa disposición de Luis Aragunde e do goberno popular cara este novo ente.

En Xuño do ano pasado presentábanse as Novas Xeracións do PP, e naquel artigo volvíamos facer mención a Retranca, xa que parecía moita casualidade que esta asociación tan compenetrada co Concello e as xuventudes do PP foran creadas tan próximas no tempo.

E digo compenetrada porque a maioría das actividades de Retranca (ou as de maior calado) foron en realidade eventos de Concello de Cambados aos que se lles puxo no cartel o logo da nova asociación. Porque custa bastante crer que un grupo destas caracterísiticas poida, en medio ano, ser quen de organizar unha festa como a de Máxima FM nas Goritas, que ademais xa se celebrara con anterioridade! Ou hai escasos días, a directiva de Retranca gabábase de ter organizado unha tarde para nenos pequenos no Pazo Torrado na que puideron disfutar de xogos inchables, un toro mecánico ou a actuación do personaxe de debuxos animados Bob Esponja.

E isto non é unha crítica ou un ataque ao membros de Retranca, posto que considero que calquera actividade e esforzo que eles realizaron, sexan da ideoloxía que sexan, foi positivo para Cambados. É que non parece de recibo que o Concello empregue a un grupo de xóvenes para “realizar” (máis ben presentar) actividades que pagamos tod@s (porque é difícil crer que as actividades antes mencionadas poidan ser sufragadas por unha asociación creada hai un ano) con fins que aínda se decoñecen. Salvo que as listas electorais do PP integren a algún retranqueiro.

De momento quedoume a cousa máis clara cando puiden ver no Facebook do Partido Popular de Cambados unha foto da cea de presentación de Luis Aragunde como candidato á alcaldía na que se distinguen varios membros/directivos da mencionada asociación.

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.