Onte tiven a oportunidade ler un artigo de Maribel Iglesias (a estudosa de Asorey, que non biógrafa…quen lea o seu texto comprenderá esta aclaración) que me encantou. De cando en vez repaso o que Maribel escribe nalgúns dos seus blogs e sempre me parece interesante o que comenta, sobre temáticas variadas no blog O Umia e sobre o tema concreto de Cabanillas noutro espazo ou sobre o propio Asorey en pacoasorey.blogspot.com, agora máis actualizado por motivos obvios.
E a última entrada dese blog fascinoume porque combina un pouco dese coñecemento que desprenden as súas publicacións, mesturado cunha dose xusta de humor e unha pouquiña de crítica, crítica sana diría eu. Cada quen que lea e xulgue, lectura recomendada hoxe desde Cambados(tk): Un venres de entroido.