//
estás a ler...
Cambados

Víctor Caamaño presenta a candidatura do cambio


O candidato á alcaldía polo BNG presentou hoxe no Monte da Pastora a candidatura completa que o acompañará aos comicios do 22 de Maio.

Os seis primeiros postos xa os coñecíamos desde Nadal; ademais de Caamaño concorren en postos de saída María Xosé Cacabelos, Xaquín Charlín (Chon), Ernesto Falcón, Teresa Prado Cores e Josefina Cores. Lembrar que este tramo presentouse tamén nun vídeo en Youtube a pasada semana.

Agora Víctor Caamaño desvelou os postos da lista desde o 7 até os suplentes.

Manuel Fariña, licenciado en Políticas, estudante de Maxisterio e entrenador do Cambados é o primeiro deste novo tramo. Sígueo María Milagros Oubiña Parracho, da parroquia de Corbillón. Ismael Gómez, comerciante de Castrelo é o número 9. Francisco Bugallo Buceta é armador, membro da Xunta Xeral da Confraría, e número 10 da candidatura nacionalista.

O 11 é para Concepción Ibáñez, veciña de Castrelo actualmente en paro. O seguinte na lista é Óscar Pardo Planas (quen está redactando estas liñas), estudante de Enxeñaría Química e responsábel desta web, Cambados(tk). A 13 é Mariel Oubiña, xestora do Centro Comarcal e entrenadora, directiva e xogadora do XAV Cambados. Síguea Manolo Pillado, prexubilado de caixa de aforros, tesoureiro de UGCH e membro da compañía de teatro Iliria.

A número 17 é a máis xoven da candidatura, Almudena Castro, estudante de Filoloxía Hispánica e veciña da Modia. O 16 é Ramón Domínguez Argibay, libreiro e veciño de Castrelo. Pecha a candidatura o fantástico gaiteiro Xaquín Xesteira, profesor de música tradicional, membro do grupo Treixadura, autor dos libros Método de Gaita Galega I e II.

O BNG presenta ademais cinco suplentes. Encabézaos Maribel Iglesias, profesora do IES Asorey e impulsora de varias actividades tanto no Ano Cabanillas como neste Ano Asorey (é parte da comisión organizadora). Ademais xestiona varios blogs aos que podes acceder desde os enlaces de CTK. O segundo suplente é Xosé Xoán Martínez Costa, arquitecto e veciño do Brexo. María José Díaz é traballadora do Centro de Saúde como ATS. Carlos González Canle, de Castrelo, é traballador da construción. Por último, pecha o tramo de suplentes e a lista Roberto Mariño Cores, veciño de Oubiña, directivo da asociación de veciños e empresario de carpintería.

Máis info. no blog de Víctor Caamaño. A imaxe é de Adela Leiro, podes premer nela para ampliar.

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: