//
arquivo

Archive for

"Pobrinh@, non sabe falar galego"


Interesante artigo o que publica o escritor Séchu Sende (lectura recomendada: Made in Galiza) sobre meniñ@s e lingua galega. Pódese ler estes días no medio dixital Galicia Confidencial, co cal Cambados(tk) colabora desde hai xa un ano por medio das súas canles comarcais.

No artigo, Sende repasa algúns dos prexuízos máis vividos e escoitados en relación coa lingua empregada para falarlle aos fillos, situacións que tod@s recoñecemos ao noso arredor e que son dificilmente explicábeis. Pero o mellor é acceder a GC e ler o artigo completo, podes facelo premendo neste enlace.

QUEREMOS GALEGO!, OUTRA VEZ Á RÚA

E como é tradicional este ano haberá máis unha vez mobilizacións a favor da lingua no Día das Letras, desta volta en diferentes Concellos do país, para denunciar os nefastos dous anos do Goberno de Núñez Feijoo en relación coa normalización do noso idioma. Ademais, no Palacio de Congresos de Compostela, terá lugar un grande acto nacional o 30 de Abril que congregará aos principais persoeiros da cultura en defensa do principio da plataforma Queremos Galego!.

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.