//
estás a ler...
Cambados

O Concello retrasou a inauguración de Peña até a última fin de semana legal para facelo


O Concello de Cambados inaugurará mañá o Salón de Congresos da fábrica de Peña. Farao tres días antes do límite que teñen os gobernos para inaugurar obras antes das eleccións do 22 de Maio.

Esta é unha nova norma recollida na reformada Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG, nas siglas en castelán), que no seu artigo 50 di textualmente que se prohibirá calquera acto  “organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos” “desde a convocatoria das eleccións e até a celebración das mesmas”. Inclúese por suposto calquera “acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos destes”.  E será o próximo luns 28 cando se convoquen as elección municipais do 22 de Maio.

Resulta curioso especialmente este caso, posto que o Salón de Peña xa se empregou para diferentes actividades desde hai meses, mesmo no entroido tiveron lugar varias celebracións nestas instalacións. Haberá que ver agora se a nova norma se cumple ou se as diferentes administracións locais (non só Cambados) buscan calquera truco legal para disfrazar estes actos aos que estamos moi acostumados nas campañas electorais.

Como nota positiva sinalar que foron convidadas as ex traballadoras da factoría que aloxa o novo Salón. O acto comezará á unha e media do mediodía.

A imaxe é dun concerto do entroido no Salón de Peña e foi tomada do Faro de Vigo

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “O Concello retrasou a inauguración de Peña até a última fin de semana legal para facelo

  1. que o salon fose utilizado non quere decir que estibese rematado,e asi foi porque non estaba rematado nin no exterior nin no interior,o teu e criticar por criticar,sin fundamento diria arjiñano,si non pasaraste por ali estos dias e verias que inda ai xente rematando as obras.

    Posted by contrastar | 24/03/2011, 4:05 pm
  2. Coincidirás comigo que é moi casual ese “apurar até última hora a inauguración” e que as inauguracións teñen aínda menos sentido se o que se vai inaugurar leva sendo empregado desde hai meses. Aproveitamento electoral, puro e duro. Se iso é criticar “sen fundamento”…

    Por certo, para rematar as obras houbo tempo abondo desde que se adxudicaron en 2006 (creo eu). Saúdos

    Posted by Óscar | 24/03/2011, 4:19 pm
  3. E outra mais e que non so e un salon,tamen e un museo e dito museo non foi posible rematalo antes.

    Posted by contrastar | 24/03/2011, 9:09 pm

Nas redes sociais

Marzo 2011
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: