Na campaña das eleccións europeas de 2009, o líder do Partido Popular, Mariano Rajoy, estivo en Cambados e aproveitou para posar para os xornais nun barco (que sempre queda ben). O diario Público e Xornal de Galicia recollen hoxe a nova de que aquel barco, o Moropa, é propiedade do patriarca d’Os Caneos, un clan ligado ao narcotráfico cun longo historial nesta actividade delictiva. Rajoy atopábase aquí para falar de temas pesqueiros e os seus anfitrións tiveron o “descoido” de permitir que rematara por sacarse unha foto nesta embarcación.
Na comitiva estaban o ex alcalde e actual delegado da Xunta, Cores Tourís, e o alcalde e candidato do PP á alcaldía, Luís Aragunde, quen ademais foi quen lle presentou a Mariano Rajoy o patrón do Moropa. Tamén estaba alí o eurodeputado Millán Mon, cuxo irmán foi subdelegado do goberno e segundo o Xornal “máximo responsábel da polícía nos oito anos de goberno Aznar”.
buf,cajon diola,o teu xa e de salvame delux e,e porque no avisaxes antes?van ter q pedir os penais a todo dios q se lle acerque?elo cando os da grande chea promocionaron na sua paxina o pub nb?o amigo chon que traballa no xuzgado lo n sabia nado doq se coce ali?cando xa se fixeron rexistros nese local e media cambados sabe de donde sale o carto dos donos do local,xa o seu nome o di,EN B,en b e carto negro,ai ben que calades,ai que foderse,o que ea politica cajon diola
Que eu sepa,o “finado do caneu” xa morrera antes desa foto,dedicadevos a traballar que en 12 anos que estubo o voso amigo xose antonio no despacho do axuntamento o unico que fixo foi papeles e chupar do bote,asi como facer 4 obras de chapuza (entendase o pabillon,a plaza de abastos e alguha que outra que xa me da vergonza lembrar),e ainda encima agora ven o DUQUE DE DURAN (ROQUE PRA OS AMIGOS) a lavarlle a cara as casas baratas para captar votos pras proximas elecccions e o mais cachondo do caso e que palabras textuales “PO LOS INTERESES DE CAMBADOS”,,¿OU SERA POLO SEU PROPIO INTERES??,,a verdade e que da xente que coñezo do BNG en Cambados,non traballa nadie e o que o fai faino en sitios donde non se molla o piollo.Non son nin de dereitas nin de esquerdas nin creo na politica,pero,tende un pouquiño mais de vergonza a hora de sacar a luz fotos coma esta por que si estiverades un pouquiño a altura das circuntancias ,dariavos de conta que Manolo O Caneu xa esta enterrado fai uns cantos anos e doulle de comer a mais de 4 morriñentos en Cambados que agora falan del.
O certo é que non tiña pensado contestar a este comentario, posto que se desacredita por si mesmo.
Simplemente me gustaría deixar patente, posto que no caso de non falar ás veces parece que das entender que o outro ten razón, que as persoas que se citan son exemplos de xente traballadora e honrada, e que cando exerceron a política a diferenza de moitos cargos que sufrimos na actualidade, eles fixérono sen intereses persoais nin dos amigos.
Unha gran diferenza da que quería deixar constancia.Posto que tanto Xoán Antonio como Roque contan con todo o meu respecto e consideración.
E non vou perder nin un segundo máis respostanto as mentiras e as calumnias que se desprenden desta mensaxe.