//
arquivo

Archive for

"Letras de Contrabando", outro espazo poético na rede cambadesa


Cambados pode presumir de artistas, artistas recoñecidos e históricos como Ramón Cabanillas ou Francisco Asorey; pero tamén artistas máis actuais que empregan os medios de hoxe en día para comunicarse. Este blog de poesía xa foi dado a coñecer hai uns días pola páxina CambadosWeb e por Unha Grande Chea, pero Cambados(tk) non podía quedar atrás espallando aos seus lectores as creacións de Valentín Estévez Rial.

Desde “Letras de Contrabando” lanza a súa mensaxe en forma de poema; unha das últimas composicións fala dun tema que está por desgraza de moda outra vez: a guerra, e faino dendo o seu apoio á paz.  Podes entrar no blog premendo aquí.

O BNG propón crear un comedor escolar centralizado e aparcamentos e o PSOE un centro de servizos sociais


O candidato do BNG Víctor Caamaño presentou hoxe a proposta dos nacionalistas de empregar o chan onde se atopan as casas dos mestres de Magariños para crear un comedor centralizado. Caamaño sinalou que esta é a reclamación máis repetida de pais con fillos en idade escolar é a creación dun comedor. Os terreos, que poden ser desafectados e empregados polo Concello, serían utilizados para crear este espazo centralizado para os centros cambadeses. O proxecto é ambicioso e tamén propón construir un polideportivo, engadir máis lugar de recreo e aportar máis prazas de aparcamento a una zona moi céntrica e onde se atopa o xulgado. (podes premer na imaxe para ampliar o plano)

Pola súa parte o PSOE publicou na súa web a súa proposta de transformar Exposalnés nun Centro de Servizos Sociais, onde se integraría o Centro de Información á Muller (CIM), a área de emerxencia social, asesoría xurídica, de Maiores…neste sentido os socialistas queren crear a figura do Medidador Intercultural e un Monitor para maiores. Do mesmo xeito, agardan impulsar o voluntariado.

Ser boa persoa non é abondo para ser alcalde de Cambados


É a impresión que me levo logo de ver o vídeo que o PP emprega para presentar ao seu candidato á alcaldía Luís Aragunde. Sen coñecelo a el persoalmente non teño motivos para crer que non sexa boa persoa, é máis, parece que a diferenza do seu antecesor no cargo é unha persoa correcta e educada no trato. Como tamén o son os candidatos dos outros dous partidos. Entón, xa temos tres boas persoas disputando a alcaldía, e que é o que fai a diferenza entón?

Primeiro, ter un proxecto. Un proxecto a curto e a longo prazo, con planificación das diferentes áreas municipais, con obxectivos que se queren cumprir e con prazos cando menos aproximados. Ter ideas, e ter ganas de levalas adiante. Tamén é preciso contar cun bo equipo, sen o cal resultaría moi difícil sacar adiante a un Concello (que por certo, do PP aínda non o coñecemos). Xente comprometida e destacada nos seus ámbitos que deciden voluntariamente dar parte do seu tempo para construir un Concello mellor. Xente que non ten por que ser un grupo de académicos ou catedráticos de universidade, que ten que representar ao Concello, porque en moitos temas non saben máis os universitarios senón aqueles que levan traballando de preto toda a súa vida nun tema (ocórreseme o tema do mar, vital para Cambados, por poñer un exemplo).

Tamén hai que ter certas garantías, garantía de traballo. Non vale agora, a menos de dous meses, que un candidato se poña a lanzar de xeito hiperactivo notas de prensa ou boletíns informativos se durante catro anos estivo desaparecido en combate, tanto el como a súa formación.

Como nin tampouco vale que un candidato que xa exerceu bo tempo como alcalde e aínda máis como parte de gobernos anteriores, non dea conta da xestión que se levou a cabo. E neste caso, a Luis Aragunde as contas xa non lle saen tan ben como ao xulgar a bondade da súa persoa: os gobernos do PP en Cambados resúmense en improvisación (a máis flagrante no urbanismo, pero estendida a todas as ramas…non fai falla recordar que en 12 anos a biblioteca estivo en 3 lugares diferentes), en amiguismo como base das relacións laborais do Concello e outras entidades vencelladas a el coa cidadanía, e amiguismo como base da cultura de subvención e de colaboración con asociacións ou colectivos deportivos e culturais. E podería encher parágrafos falando de gobernos do PP que basicamente se resumen en improvisar e ir tirando, e en perpetuarse e en empregar o poder en moitos casos para colmar intereses que non son os comúns. Pero para iso está o arquivo da páxina non?

Entón non só vale con ser boa persoa, aínda que non é discutible que é un punto positivo.

Pero…e as propostas? e as garantías? e o equipo? Desgrazadamente só hai, na miña humilde opinión, un grupo que se presenta aos vindeiros comicios cos deberes feitos (unha oposición contundente, en positivo e insistente mentres outros nin facía acto de presenza), cun plan interesante para Cambados e cun equipo solvente.

Ah! e xa se me esquecía…e cunha moi boa persoa á fronte, por que non dicilo?

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.