//
estás a ler...
Cambados

O BNG propón crear un comedor escolar centralizado e aparcamentos e o PSOE un centro de servizos sociais


O candidato do BNG Víctor Caamaño presentou hoxe a proposta dos nacionalistas de empregar o chan onde se atopan as casas dos mestres de Magariños para crear un comedor centralizado. Caamaño sinalou que esta é a reclamación máis repetida de pais con fillos en idade escolar é a creación dun comedor. Os terreos, que poden ser desafectados e empregados polo Concello, serían utilizados para crear este espazo centralizado para os centros cambadeses. O proxecto é ambicioso e tamén propón construir un polideportivo, engadir máis lugar de recreo e aportar máis prazas de aparcamento a una zona moi céntrica e onde se atopa o xulgado. (podes premer na imaxe para ampliar o plano)

Pola súa parte o PSOE publicou na súa web a súa proposta de transformar Exposalnés nun Centro de Servizos Sociais, onde se integraría o Centro de Información á Muller (CIM), a área de emerxencia social, asesoría xurídica, de Maiores…neste sentido os socialistas queren crear a figura do Medidador Intercultural e un Monitor para maiores. Do mesmo xeito, agardan impulsar o voluntariado.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “O BNG propón crear un comedor escolar centralizado e aparcamentos e o PSOE un centro de servizos sociais

  1. O PSOE tamén propuxo a creación dun Conservatorio Profesional de Música na Merced, que por certo non vin ningunha entrada nesta páxina falando da proposta.

    Posted by Isma | 02/04/2011, 3:10 pm
  2. Remítome ao que comentei hai unha semana no libro de visitas sobre o que se publica aquí e como se publica. Nunca presumín de ser obxectivo e menos o vou facer neste período electoral. De todas formas a proposta da que falas si se citou noutra anotación. Saúdos

    Posted by Óscar | 02/04/2011, 6:55 pm

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: