//
estás a ler...
Cambados

O Valedor do Pobo admite a tramite a denuncia do BNG polos convites do Xantar do Albariño


O Valedor do Pobo remitiu unha resposta ao BNG de Cambados en relación á súa denuncia pola falla de información que o Concello de Cambados ofrece sobre os convidados ao Xantar Oficial da Festa do Albariño. Este é un tema que tamén desde Cambados(tk) se denunciou (incluso a través dun vídeo), xa que é coñecido que centos de persoas, algunhas sen sequera cargo institucional, comen gratis ese día polo simple feito de simpatizar co Partido Popular. O BNG pedira en reiteradas ocasións ao alcalde Luis Aragunde que facilitara unha lista dos convidados e o motivo de tal convite, algo moi elemental xa que esas invitacións se fan con cartos públicos que pagamos todos/as.

Trala negativa de Aragunde, Víctor Caamaño recurriu ao Valedor do Pobo para aclarar a situación, e este vén de admitir a trámite a petición e inician “as actuacións oportunas ante o Concello de Cambados”. O Valedor indica tamén que o BNG terá resposta cando esta institución reciba o informe requerido ao Concello de Cambados. A ver se ten máis sorte da que tivemos en Cambados e por fin podemos coñecer en que (ou en quen, máis ben) se gastan os cartos dos contribuíntes cambadeses.

Máis información no blog de Víctor Caamaño.

Advertisements

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: