//
arquivo

Archive for

Primeiro praza de minusválido, logo pivotes e agora rampa para que non lle aparquen na porta


Rúa O Pombal, hoxe

Volve a CTK unha historia que xa chega por terceira vez. Trátase da famosa praza de aparcamento no Pombal que un hosteleiro do lugar quere inhabilitar para evitar a boa visión do seu local.

En Agosto de 2008 apareceu nesa polémica praza de aparcamento unha praza de minsválidos pintada no chan, que ademais era lixeiramente diferente ás prazas de minusválidos estándar e oficiais. É dicir, fora pintada por alguén para evitar ter coches alí.

Tralo seu fracaso, a persoa que pintara aquela praza decidiu petar no Concello para que lle instalaran uns pivotes, cousa que rematou por conseguir en Febreiro de 2010. Pero tralas denuncias de CTK, recollidas pola prensa, o Concello tivo que eliminar os pivotes porque o terreo onde se atopan nin sequera é da súa xurisdicción e Costas esixira a súa retirada.

Pero a historia continúa agora: estes días Cambados(tk) volveu recibir imaxes da mencionada praza e agora estáse a instalar alí unha rampa para acceso de minsválidos. E non só unha rampa; unha rampa que se instalou invadindo a calzada (e non precisamente pouco cacho) e protexida por dous grandes pivotes amarelos. Parece que a preocupación non é polos minusválidos senón por “protexer” esa praza de aparcamento.

A pregunta agora é: Instalou un particular sen permiso esa rampa e os pivotes? Foi o Concello de Cambados outra vez a petición del? Vaise permitir que un veciño decida por todos onde se pode aparcar e onde non?

Agosto 2008

Febreiro 2010

O PP promete un aparcadoiro soterrado por terceira vez consecutiva e unha praia no Saco de Fefiñáns


As de 2011 serán as terceiras eleccións ás que o Partido Popular concorra prometendo crear prazas de apacamento soterradas.

En 2003 a propaganda electoral do PP dicía: “Aparcamentos soterrados en A Merced, A Xuventude e na Avda. de Galicia (fronte á Sociedade Cultural)”. Daqueles constrironse o da Merced e o da Xuventude, si, pero ambos de uso privado. Do da Avenida de Galicia nada se escoitou logo.

En 2007 dicíase que se crearían “600 plazas de aparcamientos [sic] soterrados e de superficie nas inmediacións da Praza de Abastos”. Pero tampouco.

Agora, na web do candidato popular Luis Aragunde, dise textualmente: “O principal obxectivo que nos queda por cumprir este mesmo ano é o de construír unha nova Praza de Abastos cun Parking soterrado para 450 prazas de estacionamento.”

A PRAIA, AGORA NO PROPIO SACO

Outro clásico que se repite no programa electoral dos conservadores é a creación dunha praia. Se en 2003 a praia ía estar situada no espigón de Tragobe, agora prométese crear unha no propio Saco de Fefiñáns, que na actualidade está clasificado como zona C (onde non se podería mariscar), e onde se planea instalar unhas comportas que poderían agravar a situación pola falla de saneamento da zona.

O PP considera que esta praia “será un factor esencial na promoción do turismo”. Só fai falla mirar para a praia da Estación de Autobuses para comprobar como ese tipo de actuacións atren a centos de turistas cada verán…

Relacionado

Principais incumprimentos electorais do PP – Febreiro de 2011

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.