//
estás a ler...
Cambados

O PP promete un aparcadoiro soterrado por terceira vez consecutiva e unha praia no Saco de Fefiñáns


As de 2011 serán as terceiras eleccións ás que o Partido Popular concorra prometendo crear prazas de apacamento soterradas.

En 2003 a propaganda electoral do PP dicía: “Aparcamentos soterrados en A Merced, A Xuventude e na Avda. de Galicia (fronte á Sociedade Cultural)”. Daqueles constrironse o da Merced e o da Xuventude, si, pero ambos de uso privado. Do da Avenida de Galicia nada se escoitou logo.

En 2007 dicíase que se crearían “600 plazas de aparcamientos [sic] soterrados e de superficie nas inmediacións da Praza de Abastos”. Pero tampouco.

Agora, na web do candidato popular Luis Aragunde, dise textualmente: “O principal obxectivo que nos queda por cumprir este mesmo ano é o de construír unha nova Praza de Abastos cun Parking soterrado para 450 prazas de estacionamento.”

A PRAIA, AGORA NO PROPIO SACO

Outro clásico que se repite no programa electoral dos conservadores é a creación dunha praia. Se en 2003 a praia ía estar situada no espigón de Tragobe, agora prométese crear unha no propio Saco de Fefiñáns, que na actualidade está clasificado como zona C (onde non se podería mariscar), e onde se planea instalar unhas comportas que poderían agravar a situación pola falla de saneamento da zona.

O PP considera que esta praia “será un factor esencial na promoción do turismo”. Só fai falla mirar para a praia da Estación de Autobuses para comprobar como ese tipo de actuacións atren a centos de turistas cada verán…

Relacionado

Principais incumprimentos electorais do PP – Febreiro de 2011

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “O PP promete un aparcadoiro soterrado por terceira vez consecutiva e unha praia no Saco de Fefiñáns

  1. Manda collóns, un partido que usa a páxina do concello coma se fose a do PP e que nunca tivo presenza en internet agora acordase de facerlle un blog persoal ao candidato “para atender as peticións do pobo”, paréceme un insulto a intelixencia.

    Posted by duque | 09/04/2011, 8:14 pm
  2. Arallo,un parking subterraneo como o que queria facer o bng na calzada,manda collons,canta mente iluminada nos politicos.

    Posted by duque | 10/04/2011, 11:18 pm

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: