//
arquivo

Archive for

A cea do BNG reforza o convencemento de que outro Cambados é posible a partires de Maio


Este sábado tivo lugar a cea do BNG de Cambados de presentación de candidatura. Desta volta os nacionalistas reunímonos na adega Martín Códax para pasar un rato moi agradable, no que interviron musicalmente o dúo de Xoán e Blas acompañados ao oboe de Xaquín Xesteira, e onde tamén tivo lugar unha gaiteirada para poñer punto e final a unha noite moi positiva para o BNG.

Positiva porque a cea foi non só un éxito na afluencia, senón que serviu para espallar e  poñer en valor a candidatura que presentamos de cara as vindeiras eleccións. Para deixar moi claro, outra vez, de que se trata dun equipo; dun equipo que representa a única alternativa real aos 24 anos de gobernos populares en Cambados (que se di pronto).

O candidato, Víctor Caamaño, estivo espléndido; en particular na súa intervención final na que combinou a crítica política, as propostas e até concesións ao humor. Ao remate foi presentando un a un aos 22 candidatos (17+suplentes) que concorremos na lista do Bloque ás vindeiras municipais.

Foto de Adela Leiro. Se queres ver máis imaxes da cea podes premer aquí.

Como facerse socio da Sociedade Galega de Cetrería


A continuación reprodúcese unha nota de prensa da Sociedade Galega de Cetrería:

A Sociedade Galega de Cetrería comprace comunicarlles a apertura do prazo para facerse socio, cuxo prazo remata o vindeiro 30 de Xullo.

Podes afiliarte como SOCIO CETREIRO ou SOCIO NON CETREIRO, este último para os que queiran achegarse a este mundo tan apaixoante. Se desexas máis información non dubides poñerte en contacto a través do noso correo electrónico:  galegadecetreria@gmail.com

Un ano máis, excelente Caracol


Hoxe domingo, a compañía Caracol abriu ao público non-escolar o seu telón, logo de varios días atendendo a nenos e nenas de toda a comarca. E o resultado, coma sempre, positivo. Os asistentes disfrutamos como ananos da maxia que este grupo de persoas nos trasmite desde o escenario dun xeito desinteresado e cada vez máis profesional.

Os actores, bordando os papeis de Historia dun Chícharo, en particular xenial interpretación do actor revelación Goyo e tamén da protagonista no papel de princesa; e os máis veteranos, como os reis Dominguez e Montse, deixaron clara a súa valía no escenario. Aínda que non é preciso destacar a persoas en concreto porque todos e todas fan un estupendo traballo de interpretación, coreografía e incluso canto.

A todos eles, e tamén aos múltiples colaboradores e á directora Olga González, noraboa por estar un ano máis aí para nenos e non tan nenos.

O cartel é un deseño de Matías Daporta

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.