Este sábado tivo lugar a cea do BNG de Cambados de presentación de candidatura. Desta volta os nacionalistas reunímonos na adega Martín Códax para pasar un rato moi agradable, no que interviron musicalmente o dúo de Xoán e Blas acompañados ao oboe de Xaquín Xesteira, e onde tamén tivo lugar unha gaiteirada para poñer punto e final a unha noite moi positiva para o BNG.
Positiva porque a cea foi non só un éxito na afluencia, senón que serviu para espallar e poñer en valor a candidatura que presentamos de cara as vindeiras eleccións. Para deixar moi claro, outra vez, de que se trata dun equipo; dun equipo que representa a única alternativa real aos 24 anos de gobernos populares en Cambados (que se di pronto).
O candidato, Víctor Caamaño, estivo espléndido; en particular na súa intervención final na que combinou a crítica política, as propostas e até concesións ao humor. Ao remate foi presentando un a un aos 22 candidatos (17+suplentes) que concorremos na lista do Bloque ás vindeiras municipais.
Foto de Adela Leiro. Se queres ver máis imaxes da cea podes premer aquí.
Conversa
Os comentarios están pechados.