//
estás a ler...
Cambados

O Diario de Arousa faise eco das queixas dos veciños do Pombal verquidas en CTK


O xornal comarcal publica hoxe unha extensa nova na que se reflicte a pequena polémica xerada no barrio do Pombal arredor desta praza de minusválidos ilegal.

Segundo a información nova que aporta a xornalista do Diario, a Policía Local xa tería tomado acta do sucedido e o Concello informou que a instalación da rampa e dos pivotes non foi cousa súa. Ademais, sinalan tamén que o autor desta obra podería ter que afrontar unha sanción económica e asumir os custos da devolución da rúa ao seu estado orixinal.

Se isto é así, parabéns ao Concello pola actuación. Non é de recibo que un veciño libremente instale calquera tipo de atranco na vía pública.

Podes ler aquí a nova completa do Diario

Conversa

2 thoughts on “O Diario de Arousa faise eco das queixas dos veciños do Pombal verquidas en CTK

  1. Estou totalmente de acordo que o único que pretende é ter diáfana a vista cara o mar, o da rampa e plaza de minusválidos coido que é só unha excusa. Eu vivo nesa zona e tamén quería denunciar a cantidade de actuacións que fan diversos comerciantes (e tamén particulares)ocupando indiscriminadamente a vía pública, como si fora da súa propiedade. Xusto ao lado dese bar Mascott hai outros dous locais que mendiante unha estructura de metal e madeira están ocupando a vía pública con mesas e sillas para unha terraza. Un pouco mais alá, na rúa Sevilla, hai un ultramarinos que fixo o mesmo, para darlle mais visibilidade ó seu negocio non dudou en pintar na vía pública unhas raias amarelas para que ninguén lle aparque diante. Todo esto habería que poñelo en coñecemento da Policía Local para que actuase e que impidan que éstos locais ocupen terreos que non lles corresponden a eles, senón que son de todos os veciños.
    Gracias.

    Posted by Luis | 14/04/2011, 5:46 pm
  2. Estou totalmente dacordo con Luis menos en que teñamos que os cidadáns poñer en coñecemento da Policía Local o que é evidente; creo que lles vai no soldo controlar irregularidades e non mirar para outro lado se son amigos deles ou dos que gobernan. Ademais a ocupación da vía pública é evidente pero, claro, o que tamén é evidente é que o Concello lles tivo que dar permiso e que o permiso non é gratis. Ao meu entender deberiase regular o asunto das terrazas e é unha chambonada que estean compartindo espazo co aparcamento; por certo que como sigan concedendo permisos para as terrazas os veciños da zona terán que ir aparcar a Tragobe.

    Posted by fefiñans | 15/04/2011, 9:22 pm

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: