//
estás a ler...
Cambados

O PP de Cambados presenta a súa candidatura


Mañá día 18 é a data límite coa que contan os partidos para presentar as súas listas electorais. O PP de Cambados agardou até o último momento para facer pública a súa lista, xa que desde hai varias semanas coñecíamos a do PSOE e tamén a do BNG.

Aínda que Aragunde asegurou que se trata dunha lista cun alto grao de renovación, o certo é que repiten entre os dez primeiros postos sete dos concelleiros da actual corporación. O número dous é Juan José Cores Chaves, enxeñeiro e actual portavoz do goberno, a 3 é Candelaria Martínez, mestra xubilada de Fefiñáns; o 4 é Isabel Varela, empresaria da automoción de Vilariño, e o 5 é para o tenente de alcalde, Iglesias Pombo.

Síguenos Mónica Brea Troncoso, empresaria de hostelería de Castrelo (6); Rodrigo Rey Vázquez, técnico en acuicultura (7); Juan Ramón Gómez Blanco, viticultor e horticultor de Oubiña (8); e Eulogio Pomares Zárate, adegueiro de Cambados (9). Deste primeiro tramo tan só a número 3 e o número 8 non son actuais concelleiros.

Os seguintes son Ana Isabel Oubiña Fuente (10), avogada; Ricardo Quintáns (11), oficial de infraestruturas; María Soledad Vieites (12), administrativa; Jorge Horro (13), estudante de Dereito e Admon. de Empresas; Mónica Lorenzo Oubiña (14), dimplomada en Relacións Laborais e Alejandro Pérez (15), mariñeiro de San Tomé.

Pechan a candidatura Rosa Oubiña (16) e o ex alcalde Jose Manuel Cores Tourís (17).

Imaxe e máis información en Faro de Vigo

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: