//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

O PP preséntase en Cambados para crear emprego. Pero…emprego para quen?


Onte domingo os cambadeses puidemos ler nos xornais comarcais a información sobre a candidatura do Partido Popular. A nova de La Voz de Arousa dicía exactamente así: “Los populares de Cambados presentan su candidatura con el objetivo de crear empleo”. A primeira conclusión que se pode sacar é que non gobernaron até agora. Falsa. E a segunda, xa que sabemos que isto non é así, é…crear emprego para quen?

Nun tempo no que resulta moi doado botarlle as culpas do desemprego a outros gobernos, o Concello de Cambados ten experimentado malos resultados de ocupación (só hai que acudir a datos oficiais da Xunta e comprobalo). E é certo que desde un Concello non se ten na man as políticas de emprego que teñen outras administracións…pero é que aínda que en Madrid non goberna o PP, os “populares” si o fan en Santiago. E por certo, recolleron do bipartito unha Galicia máis resistente á crise e cun 5% menos de paro e neste comezo de 2011 a Galicia lidera a destrución de emprego en España. E Feijoó usou tamén ese argumento de que a culpa é dos de arriba. Cando chegou á Xunta afirmou que en 45 días resolvería o problema do paro e 730 días despois o paro está en máximos, non valeu nin sequera o pregoado efecto Xacobeo. A resposta do Presidente? “Non teño competencias na materia” cando o certo é que a Xunta ten transferidas as competencias en materia de traballo, emprego e formación.

E en Cambados que? En Cambados vaise pola mesma liña. Este 2011 comezámolo con datos peores que os que nos deixou o ano anterior en todos os meses (ver Gráfica). O número de desempregados rexistrados no mes de Marzo era de case 1.500 persoas. Luís Aragunde manifestou  nunha entrevista recentemente que cando lle narran situacións de desemprego “en algunos casos hasta me cuesta comer al llegar a mi casa”.Manifestación bastante frívola se se ten en conta cal foi a xestión do PP no Concello contra o desemprego:

Pasividade ante o centro comercial de Deiro Un centro comercial que en teoría terá as dimensións suficientes como para abastecer a unha poboación de 148.000 persoas, levantado fóra de núcleos urbanos e que representa un claro perigo para todo o pequeno comercio do Salnés. O alcalde de Cambados calou ante os plans dos políticos do seu partido en Vilanova, e fíxoo aínda cando os comerciantes de Cambados levantaron a voz para denunciar unha actuación que os perxudica.

-As comportas no Saco e o mal saneamento, ameazas para o marisqueo. Tamén nos últimos meses tivo lugar a polémica das comportas. Unhas comportas a instalar na zona do Saco de Fefiñáns que non posúen ningún informe de avaliación ambiental, e que sumadas ao mal saneamento na zona poden agravar a mala situación que padece ese banco marisqueiro. Xógase, castígase, a un sector produtivo que ten aguantado ben as consecuencias da crise e que podería ter creado postos de traballo de practicar o Concello de Cambados unha boa política medioambiental.

-A axuda ao pequeno comercio…algo máis que carteis e rifas? Acostumamos a ler nos xornais colaboracións entre o Concello e os comerciantes. Ás veces en forma de colocación de paneis na rúa, de rifas ou concursos para promover o consumo. Ben. Pero, onde están as actuacións de verdade? As que poden axudar ao comercio a levantar cabeza? Onde está, por exemplo, un plan de peonalización de rúas que mellore a afluencia de viandantes polo casco histórico? Ou a dotación de prazas de aparcamento ao centro de Cambados? Porque non será polo número de veces que o PP prometeu construir un aparcadoiro subterráneo

-O urbanismo, lastrado pola carencia de PXOM. Ben certo é que a crise no sector da construción é global en España e en Galiza. Pero tamén é certo que o Concello non fixo os deberes no relativo á redacción dun Plan Xeral de Ordeación Municipal que regule os espazos urbanísticos de Cambados. Iso, até agora, trouxo como consecuencia que o Plan do Litoral (POL) da Xunta impida construir en lugares de crecemento natural para o Concello (caso do Campo Verde), algo que pode pasar factura na reactivación do sector.

Os empregos dependentes do Concello…para quen? O Concello dispón dunha ampla rede de empregos asociacidos a el. Algúns son necesarios e útiles, e de seguro que moitos foron acadados xustamente (a maioría quizais antes de que o PP chegara ao Concello). Pero está claro que o Partido Popular utiliza un gran número de postos de traballo para alongar a súa rede clientelar. Empregos en moitos casos creados “a dedo” para simpatizantes, militantes, amigos, familiares…e non fai falla dar nomes porque todos e todas temos varios en mente. Son procesos sen garantías e desde logo non en pé de igualdade; só fai falla lembrar o de 2007 un mes antes das eleccións para cubrir 40 prazas, moitas destinadas a traballos relacionados cunha rede museística sobredimensionada. Iso si, eses empregos aos que non todos poden acceder pagámolos entre a totalidade de veciños e veciñas.

Conclusión: Despois deste repaso esquemático por algúns dos aspectos da xestión do emprego por parte do goberno do PP en Cambados, parece claro que a candidatura que encabeza Luís Aragunde non é a máis axeitada para combatir o paro e para xerar emprego digno para todos e todas.

Cres que é necesario un cambio de rumbo no Concello? Únete ao cambio.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: VICTOR, GAÑADOR SEN DÚBIDA NO DEBATE DE ONTE - 03/05/2011

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: