//
estás a ler...
Cambados

Recortes en materia social en época de crise


Chega o momento de recapitular acerca das propostas dos partidos de cara aos próximos 4 anos. Pero para quen goberna, tamén chega o momento de dar contas sobre a súa xestión. Hoxe toca dar unhas pinceladas sobre a vertente social dos orzamentos en Cambados.

A información que facilita o Concello sobre a xestión é máis ben pouca (a propaganda, en cambio, abunda) pero grazas a que existe unha figura denominada oposición, podemos coñecer ano a ano os presupostos do noso Goberno Local, e polo tanto, saber de primeira man en que partidas se gasta ou se deixa de gastar. Imos co apartado social:

-Mantemento dos centros de ensino: 35% de caída en catro anos. Así o amosaron os orzamentos. En 2007 esta partida era de 40.000 euros pasando en catro anos a 26.000€ e co agravante de que agora entra a formar parte a Escola de Música da rede de ensino a cargo do Concello. Situacións como a vivida en Xaneiro de 2010 no colexio da Pastora (o tellado voara a causa do forte vento) e  a destas semanas co mal estado da gardería denunciado polo BNG, só poden afrontarse con partidas decentes para esta fin.

-Fondo de emerxencia social: 70% de caída (2007-2009). En tres anos esta partida destinada, como o seu nome indica, aos que máis a necesitan, cae desde os 35.000€ até os 10.000€ (non se dá o dato de 2010 por descoñecemento).

-Máis gasto no Xantar que nas partidas sociais. Así é, para mostra do que importa o gasto social no Concello de Cambados: o gasto no Xantar oficial do Albariño (si, ese ao que convidan a amigos e demais familia política cos nosos cartos) é maior. Foi en 2010 de 30.000 euros. E lembrar que pese a insistencia de Víctor Caamaño, que chegou xa ao Valedor do Pobo, seguimos sen coñecer a lista de convidad@s. No caso do Fondo de Emerxencia Social, o gastado no Xantar triplícao.

-O PP rexeitou entrar no Consorcio Galego de Servizos Sociais. O Consorcio creouse durante o goberno bipartito da Xunta, a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Tourís e Aragunde rexeitárono simplemente por unha cuestión política, para confrontar o Concello con aquela Xunta; a pesar de que entre os máis de 250 Concellos integrados tamén hai moitos gobernados polo PP.  O Consorcio permite aos Concellos dotarse de servizos como Centros de día, escolas infantís ou axuda a dependentes.

-Esperanza Salnés, empregada como arma política. Lamentabelmente observamos nestes anos como ao Concello e á Deputación non lles interesa que esta asociación de axuda aos discapacitados vexa, por fin, o final dos seus problemas financeiros. Para eles é mellor poder aparecer cada 6-12 meses na prensa concedendo unha subvención im extremis (non é falar por falar, calquera pode ler esta cronoloxía). Por certo, desde Cambados(tk) propúxose este verán doar os cartos do Xantar a Esparanza e asinar un convenio estábel. Nada de nada.

-O Centro de día prometido en 2007, aínda só palabras. Como consecuencia da non-entrada no Consercio de Servizos Sociais e da mala relación Concello-Xunta, non foi até o cambio de goberno de 2009 cando se comezaron os trámites. A pesar das boas palabras, e de que o Concello puxo a disposición o vello Matadoiro para este fin, as obras aínda non están contratadas e no borrador dos orzamentos da Xunta para 2011 non estaba contemplada unha partida para este fin.

Cres que é necesario un cambio de rumbo no Concello? Únete ao cambio.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: