//
estás a ler...
Cambados

Asina contra o campo de golf na Siradella


Hai rebumbio estes días en internet pola acción da Plataforma Veciñal “Non ao campo de golf na Siradella”, que como o seu nome ben indica, amósase totalmente contrario á instalación na península meca dunha infraestrutura destas características.

Desde o seu grupo de Facebook déixano ben claro: O Grove “non ten superficies verdes dabondo como para facer un campo de golf sen que se produza un grave impacto natural” e coa intervención que se pretende levar a cabo  “o monte quedaría reducido á nada… isto coa súa correspondente grave deforestación, contaminación do solo por uso de pesticidas, un abuso de consumo do suministro de auga…”.

Para iso están a recoller, ademais da Plataforma, a Asociación Cultural Figheira do Meco e o Colectivo Ecoloxista do Salnés.

Podes asinar a súa petición aquí

Advertisements

Conversa

12 thoughts on “Asina contra o campo de golf na Siradella

  1. ¿E ds proposta electoral do psoe no monte da pastora non tendes nada que decir?eleminar tantos metros cadrados de monte pa facer ali un parking,¿pa que semellante aparcamento no monte da pastora?cantas arbores terian que cortar,menuda proposta e que maneira de tirar cos cartos.

    Posted by xesus grazas | 22/04/2011, 11:32 am
  2. Respondendo á túa cuestión…podo dicirche cando lin a proposta pensei exactamente o mesmo ca ti. Os espazos naturais hai que poñelos en valor pero sen destruilos, sen convertilos en parques urbanos (como ben dicía Víctor Caamaño no vídeo do medio ambiente). Saúdos

    Posted by Óscar | 22/04/2011, 11:40 am
  3. Aaaa,¿pero como e o psoe quen o propon non publicas nada queixandose diso non?si fosen os do pp

    Posted by xesus grazas | 22/04/2011, 4:33 pm
  4. Ti preguntaches e eu respondín, sen ningún problema nin mordéndome a lingua. Agora ben,e xa o dixen noutras ocasións, non oculto que este espazo non é obxectivo e o criterio de que cousas van a portada e cales non é enteiramente persoal e parcial.

    Afortunadamente aquí pódese falar de todo o que queiramos mentres non abandonemos os límites do respecto.

    E se queres falar diso: Hai unha diferenza fundamental; o PP goberna en Cambados desde hai 24 anos e cando falo do PP falo sobre FEITOS e o PSOE fai propostas; polo tanto consideron que debo medilo con diferentes varas.

    Pero se seguiches CTK desde hai tempo verías que non me corto un pelo á hora de criticar accións do PSOE:adiqueille hai be pouco un artigo enteiro ao voto contrario de Tabuyo á policía galega ( http://bit.ly/hvYdOa ), ou en diferentes ocasións criticáronse actuacións do grupo municipal (por exemplo http://bit.ly/hcfhBZ ). E se me apuras, tamén teño publicado artigos bastante críticos co BNG (exemplo: http://bit.ly/gQeBex ).

    Porque diso se trata, de opinar. Saúdos

    Posted by Óscar | 22/04/2011, 5:16 pm
  5. E non sera que en eleccions non vos criticades entre psoe bng e viceversa porque aspirades a gobernar xuntos?

    Posted by xesus grazas | 22/04/2011, 6:01 pm
  6. Se volvo a respostar, repetiríame. Creo que estás volvendo sobre o mesmo…

    Posted by Óscar | 22/04/2011, 6:15 pm
  7. Non te repitas nin volvas o mesmo,o que ta claro e que si o pp non consegue a alcaldia ides gobernar psoe e bng xuntos,e si eles propoñen iso e vos tariades en contra,e si o apoiades tariades fallando os que vos deron o voto,enton xa mal empezariades,total que case que mellor sen bipartitos.

    Posted by xesus grazas | 22/04/2011, 11:46 pm
  8. Ves? o que eu dicía, trátase de opinar e por fin deches a túa opinión. E evidentemente, eu opino totalmente o contrario.
    Ese discurso anti-bipartitos que está lanzando o PP a algún lle soará ben pero os gobernos de coalición son o máis democrático que pode haber, están á orde do día en toda europa e non saen máis caros en administración que os gobernos en solitarios (o goberno de Cambados é un exemplo de despilfarro e teñen maioría absoluta).

    Cada partido aspira a gobernar en solitario, faltaría máis. Pero a diferenza está en que uns son capaces de chegar a acordos e outros non!

    Posted by Óscar | 25/04/2011, 11:08 am
  9. Xa chega con ver o que pasa no grove,anda anda.Eu este ano non voto,ningun dos partidos merece o meu voto.

    Posted by xesus grazas | 25/04/2011, 2:28 pm
  10. Bueno, iso xa é decisión persoal de cada quen. De todas formas quedan aínda unhas semaniñas para escoitar as propostas de cada un. E eu anímote a repensalo, porque Cambados merece un cambio de aires. O do grove, é no grove, o de vilagarcía en vilagarcía…aquí temos dereito (creo eu) a ver outra forma de gobernar. E logo xulgaremos que preferimos. Saúdos

    Posted by Óscar | 25/04/2011, 3:02 pm
  11. Pois por eso mismo no lle desexo o meu pobo que lle pase o mesmo que pasa en vilagarcia ou no grove.

    Posted by xesus grazas | 25/04/2011, 8:47 pm
  12. ah bueno, entón para o teu pobo queres o que temos agora?
    En fin, despois criticamos a políticos e demais, pero de que serve se non actuamos cando podemos?

    Posted by Óscar | 25/04/2011, 10:11 pm

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: