//
estás a ler...
Cambados

Víctor Caamaño: "Co BNG rematará o enchufismo"


Onte a mediodía o candidato do BNG presentou ás portas do Concello as súas propostas en relación coa contratación de persoal para o próximo goberno de Cambados.

Fronte ao actual sistema promovido polo PP no que “prima o amiguismo e a afinidade política” o BNG quere unha contratación limpa “en igualdade de condicións” e “seleccionar ao persoal en función da súas cualificacións profesionais, non da súa ideoloxía política”.

Canto á selección do persoal temporal Víctor Caamaño anunciou que o programa electoral do Bloque prevé a creación dunhas listas públicas (que se poderán consultar na web oficial do Concello) nas que se incluirán os demandantes de emprego, a súa puntuación e cualificación, e de maneira que cando haxa unha vacante chamarase á persoa que ocupe o primeiro posto.

Ademais, os procesos de selección estarán supervisados non só polo alcalde, non só polos concelleiros do Bloque, senón por unha comisión na que estarán os grupos da oposición e os sindicatos con representación no Concello.

Imaxe do Diario de Arousa

Advertisements

Conversa

12 thoughts on “Víctor Caamaño: "Co BNG rematará o enchufismo"

  1. Que falaredes vos de enchufismo,si no concello ainda queda xente traballando que forn enchufados por vos cando gobernastedes.O concello como calquer empresa o que ten que facer cando precisa persoal e acudir o inem que pra iso esta,que carallo de listas na web,si o final inda asi avedes de facer o mesmo,INEM.

    Posted by INEM | 27/04/2011, 2:27 pm
  2. Nego a maior e faime graza e paréceme incluso surrealista que fales de enchufismo…do BNG!! pero por favor, que o PP leva gobernando en Cambados 24 anos!

    A cuestión é que podemos ter a oportunidade a partires do 22 de Maio de que as contratacións se fagan dun xeito TRANSPARENTE e en IGUALDADE de condicións. Se se fai así, a través desa comisión onde estean todos representados, entón hai garantías e non pasará como pasa agora.

    Por certo, faime graza ver a ola de comentarios que aparecen conforme se achegan as eleccións. Casualmente todos son do mesmo estilo, aparentemente “imparciais” pero claramente pro-pp (con diferentes alcumes, non sei se son diferentes persoas ou a mesma).

    Sabede que tedes esta web completamente aberta á opinión, iso si, non vou deixar pasar a oportunidade de contestar a cada unha das mensaxes. Supoño que ninguén o dubidaba… 🙂

    Posted by Óscar | 27/04/2011, 3:06 pm
  3. ¿Elojo no concello non ai xente que leva mais de 24 anos?seica me fodes,outra cousa e negar a realidade,claro ti que vas saber si seguramente daquela inda nin naceras.Pois si amigo no concello inda ai xente que foi enchufada polo bng si fai 24 anos,¿ou que pasa que nos anos que gobernou o bng non se contratou persoal?e tan absurda me parece como fai o actual goberno nas contratacions como a idea que vos tendes do que ides facer si gobernades,pa iso esta o inem.¿ou non?

    Posted by INEM | 27/04/2011, 6:12 pm
  4. Claro que no goberno de UG (daquela non existía o BNG como tal, non sei se ti naceras pero se naceras poderías recordalo) se tivo que contratar xente. Que un Concello contrate persoal non quere dicir que enchufe. Enchufar é meter xente afín sen ningún tipo de valoración de méritos obxectiva. Son cousas diferentes.

    “Tan absurda me parece como fai o actual goberno”.
    Ou sexa que che parece igual que se contrate a xente só polo feito de ser amigos ou militantes/simpatizantes do PP que que se contrate en base a méritos e todos sexan iguais no proceso? Home, eu penso que é radicalmente diferente.

    Posted by Óscar | 27/04/2011, 6:34 pm
  5. O sistema que vos queredes poñer non garante que non fagades tratos de favor,¿non crees que e mais limpo que goberne quen goberne o mais xusto e solicitar xente no inem e dai do grupo de xente que mande o inem e previa entrevista escoller os mellor cualificados?si non pa que temos o inem

    Posted by INEM | 27/04/2011, 8:17 pm
  6. O sistema que se propón é limpo na súa totalidade, basicamente porque require o consenso das forzas políticas para cada empregado (xa me dirás como se poden facer “tratos de favor” así).

    Posted by Óscar | 27/04/2011, 8:53 pm
  7. E dalle ca reviravolta,¿e podesme decir ti porque non seguir o procedemento do inem?pa que esta o inem logo

    Posted by INEM | 27/04/2011, 9:59 pm
  8. Relató Aragunde que “nada máis tocar poder na Xunta, a Consellería de Medio Rural, en mans do BNG polos apaños do bipartito, despediu de xeito fulminante a dúas persoas que viñan desempeñando o seu traballo no centro comarcal Exposalnés, para poñer no seu lugar a dous coñecidos militantes nacionalistas, que foron nas listas do Bloque en 2007, un por Vilagarcía e outro por Cambados e que, por certo, repiten nestas mesmas listas”.

    ¿ISTO E CERTO?¿QUEN E ESE QUE VAI NA LISTA DO BNG?

    Posted by INEM | 28/04/2011, 3:02 pm
  9. Xa me estas tardando en respostar,¿doen as verdades non?

    Posted by INEM | 28/04/2011, 8:25 pm
  10. A verdade é que aínda que non o pareza, teño máis ocupacións que manter conversas con anónimos aínda que sexa no meu propio blog.

    Pero primeiro diríache…aínda non me respostaches ti a min. Repito porque creo que non me queres dar a razón no último que puxen aínda que sabes que é certo: “O sistema que se propón é limpo na súa totalidade, basicamente porque require o consenso das forzas políticas para cada empregado (xa me dirás como se poden facer “tratos de favor” así).”

    E vou coas túas cuestións (a ver se ti me respondes ás miñas, senón é pouco xusto). Respecto ao do INEM, como sabes ningún Concello realiza a contratación a través do INEM. Non acostumo a falar do que non sei, e non che podo precisar a razón de que isto sexa así, non sei se é legal, práctica ou que é. Insisto, pola nosa banda propoñemos un sistema totalmente igualitario e transparente como puideches observar.

    Respecto ás declaracións de Aragunde. Como xa che dixen, non acostumo a falar do que non sei, habería que preguntarlle a el en tal caso. Se te fixas é curioso que lle faga a replica a unha proposta do BNG sen tentar nin sequera defenderse. En ningún medio se recolle que Aragunde dixera que eles non enchufan á xente. Claro que…estaría mentindo se o di non!?
    O que fixo foi referirse a un goberno que xa non goberna para descalificar unha proposta totalmente válida e unha acusación que non pode contestar sen poñerse colorado.
    Saúdos

    Posted by Óscar | 28/04/2011, 8:38 pm
  11. Non falas do que no sabes?pois iso de que os concellos non contratan xente a traves do inem e mentira,sei de xente que foi contratada en cambados e xente entrevistada a traves do inem,de chegarlle carta do inem pa acudir a unha entrevista no concello,asi que o que dis e mentira,e respecto o do voso sistema digo que estando o inem dende fai anos ai non sei a que mente iluminada se lle ocurreu agora iso que vos propoñedes,e o do inem tanto vai por vos como por eles,e que tabuyo tome nota tamen,os concellos si que poden contratar a traves do inem.Eu son do grove casado en cambados e ali non goberna o pp e mais todo mundo sabe do enchufismo que ali existe,e de +ou-quenes son,asi que non me veñades con patochadas,o mellor seria que todos firmarades un trato de rematar cos enchufismos e contratar persoal a traves do inem,que ali aixe 5millons de persoas esperando por un traballo mentras vos discutides,e aqui acabo o tema porque xa me aburre a politicada de todos vos,pp,psoe e bng.

    Posted by INEM | 29/04/2011, 5:40 am
  12. Contrataría xente a través do INEM, perfecto, pero que non empregan o INEM para contratar ao groso do persoal…iso é un feito, que queres que che diga. E repito,a razón descoñézoa.

    Por certo, nós xa nos comprometemos a rematar con el, e propuxemos un sistema impecable para que en Cambados desapareza. Do que non fuches capaz de dicirme que “lagoa” ou “defecto” ten (será porque non a ten). Saúdos

    Posted by Óscar | 29/04/2011, 7:29 am

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: