//
estás a ler...
Cambados

O BNG denuncia ante a Xunta Electoral a propaganda electoral da Deputación en Cambados


O representante do BNG do Salnés, Xoán Allegue, presentou unha denuncia na Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Cambados para informar do reparto de folletos por parte da Deputación. Estes folletos que repartiu pola vila, titúlanse “A Deputación en Cambados” e recollen un conxunto de “logros” do goberno no noso Concello basicamente a través de imaxes.

A reformara Lei Electoral, que non permite agora as inauguracións e visitas a obras, tampouco permite que unha administración financie propaganda de carácter político. É máis, nunha instrución emitida pola Xunta Electoral Central o 24 de Marzo para aclarar o alcance destas prohibicións, dise textualmente que se prohibe “el envío de cartas o mensajes a los interesados o la inserción de anuncios en espacios o lugares públicos o en medios de comunicación deberá limitarse estrictamente a proporcionar información de interés general sobre la conclusión de una obra pública, la puesta en marcha o el funcionamiento de un servicio público, sin que pueda contener connotaciones electoralistas ni alusiones a las realizaciones o los logros obtenidos por los poderes públicos afectados.”

E é obvio que o folleto distribuido pola Deputación non cumpre estes requisitos. O BNG insta a XEZ a que cesen as actividades presuntamente irregulares da Deputación sen prezuízo de sancións no caso de que estas sexa reiteradas.

Está claro que o Partido Popular non tardou moito en tentar regatear a legalidade electoral e realizar unha campaña para o seu partido pagada por todos os contribuintes. É de esperar que a Xunta Electoral se pronuncie contundentemente.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2011
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: