//
estás a ler...
Cambados

Diario de Arousa entra de cheo en campaña


Non é un secreto que o Diario de Arousa teña unha liña máis ou menos conservadora. Pero en período electoral semella inaceptable o xeito de publicar deste medio. Xa hai catro anos o xornal comarcal lanzara en plena precampaña unha serie de pseudoreportaxes sobre Cambados nos que basicamente se alababa a xestión do goberno municipal.

Hoxe o Diario volve á carga, desta volta cun impresionante texto sobre o patrimonio Cambadés. Un tema que aparentemente “non vén a conto” e sobre o cal tan só dan unha visión: a do Partido Popular.

Por poñer exemplos, falan no Diario de  “un amplio programa de recuperación patrimonial que inició el alcalde Santiago Tirado en 1995 con la compra a la familia Daporta de la Casa da Calzada” cando aquelo non fora unha compra, fora unha expropiación (e bastante inxusta) en toda regla; como tampouco falan do inútil que foi o resultado da expropiación:  Exposalnés e a Fundación Comarcal, outro chiringuito do PP para empregar aos seus.

Igualmente, cando mencionan o Muíño e a Miguel Prego, nin unha referencia aos litixios continuos que lle deron a razón a Prego despois de tantos anos.  E por suposto evitan ser obxectivos cando falan do Museo do Viño ou da Casa Mariñeira, auténticos paradigmas dunha rede de museos mal deseñada, sobredimensionada e que tamén ten como “virtude” o feito de xerar emprego para os simpatizantes do Partido. Respecto a Casa Mariñeira, poderían dicir tamén cal é o seu horario, posto que se un se acerca a visitala é posible que se atope un cartel indicando o teléfono ao que debe chamar se quere vela por dentro.

E sobre a Casa dos Fraga, sede da actual biblioteca, outro tanto. Nin unha palabra crítica, unha información que parece (quero pensar que non) sacada dun panfleto do Partido Popular ou da boca do mesmísimo Luis Aragunde. E ollo, que ten cousas boas (tal e como se publicou nun artigo aquí hai meses) pero desde logo non é a panacea e menos despois de que a biblioteca estivera en tres lugares en dez anos.

E xa que falan de patrimonio, podían incluir outra transacción do Concello neste tema: A Merced, un espazo privilexiado para dar servizos á zona de Fefiñáns (que ben viría para cando Fefiñáns sexa peonil, como zona de aparcamento). Ou tamén podían falar do Pazo Torrado, que rematou por engrosar o número de museos porque o PP incumpriu a promesa de que o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas tivera a súa sede en Cambados. Pero esas cousas, convén esquecelas pronto. Non?

É certo que hai que respectar a liberdade de prensa, pero tamén é certo que estamos en período electoral, e que está claro que a dependencia do Diario de Arousa queda demasiado patente con estas “informacións”.

E así como existe o dereito á prensa libre, tamén temos dereito a discernir entre o que é xornalismo e o que é simple propaganda electoral, aínda que veña en folla de periódico.

Preme aquí para ler os artigos do Diario mencionados

Advertisements

Conversa

One thought on “Diario de Arousa entra de cheo en campaña

  1. Oscar estas muy negativo,!!!!!ME MINAS LA MORAL!!!!!

    Posted by Antonio recio | 01/05/2011, 2:59 pm

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: