//
estás a ler...
Cambados

A crónica de La Voz de Arousa do debate confirma a información de Cambados(tk)


É un alivio saber que houbo xornalistas do debate de anteonte do Auditorio. Xurxo Melchor, de La Voz, escribe hoxe a súa crónica do sucedido en Cambados e reflícteo á perfección co seu titular “Mucho “hooligan” del PP entre el público y el auditorio lleno”.

No corpo da nova, explica en resumo o que alí sucedeu “Lo que sobró fueron los abucheos y gritos continuos de una parte del público. Simpatizantes y miembros del Partido Popular que se comportaron como auténticos hooligans”. E aclara o que xa se dixo aquí “Lo que consiguieron fue (…) Dar una mala imagen.”

Ademais, tamén repasa no seu artigo os temas máis importantes do debate organizado por FECA, podes entrar na nova premendo aquí. Lembra que hoxe ás 23 horas será emitido por primeira vez o debate en Tele Salnés, tentarase enlazar con el aquí en internet o máis axiña posible.

Conversa

5 thoughts on “A crónica de La Voz de Arousa do debate confirma a información de Cambados(tk)

  1. Está claro que os debates, con determinada xente no público, non poden realizarse desta maneira. Unha pena. Repítoche, non confundas as cousas: o que fixestes no debate é de MALA EDUCACIÓN e punto, non hai máis, non hai explicación que valga.

    Aplaudir pódese aplaudir o que se queira (ninguén puxo iso en dúbida creo), outra cousa é abuchear e berrarlle a un candidato no uso da palabra. Creo que ninguén cobra por ser menosprezado en público, francamente. Pensar dese xeito xa califica a túa persoa.

    Eu de verdade non me explico por que hai que repetir isto, é tan difícil entendelo? Eu penso que é obvio!

    Posted by Óscar | 04/05/2011, 2:15 pm
  2. E respecto a nota tiñas razón, foi marcado como spam

    Posted by Óscar | 04/05/2011, 2:15 pm
  3. Equivócaste a pensar que en algún momento fun dos que abuchearon a ningún dos candidatos, simplemente, defendo a decisión do público de poder discrepar do que se di. Por lembrar, lembro a xente do BNG entrabndo no parlamento galego ”inviados” e interrumpir unha sesión parlamentaria, ¿lémbraste de eso ou teño que recordarcho?. Tamén é de supoñer que os que entraron na universidade a interrumpir a charla (que non debate) de Pio Moa son caciques de dereitas. Ou os que entraron a interrumpir os rezos dos católicos que estaban na capela da universidade. ¿Esos para vos son caciques de dereitas?. De todas formas a Víctor non o interrumpiron, o cal amosa que non era unha protesta orquestada, máis ben o sentir do cidadán cara os socialistas, claro que, si un do PP protesta é antidemocrático por non deixar falar o candidato, si quen interrumpe, é un de esquerdas, os do PP siguen sendo antidemocráticos por non aceptar que unhas mozas se despeloten nun altar.

    Posted by egos | 04/05/2011, 3:47 pm
  4. Repito, unha cousa é “discrepar” e outra é ser un maleducado, repetireino as veces que faga falla. Nun acto como este non se pode ir a berrar, máis que nada porque os que teñen que falar son os de estrado, os demais escoitar e aplaudir ou non. Alégrame saber que ti non o fixeches pero a diferenza entre ti e máis eu é que eu non buscarei actos no próximo para poder xustificar erros propios. É tan difícil admitir que foi unha vergoña? Como custa…
    Por certo, respecto os teus exemplos, non me verás xustificalos. Esa é a diferenza. Saúdos

    Posted by Óscar | 04/05/2011, 4:14 pm
  5. Non nos vamos a convencer o un ao outro, son cuestións de pareceres e, ante eso, actúa a conciencia. De todo-los xeitos, como Víctor non cambie o seu discurso é moi probable que Tabuyo lle coma outra vez as papas. Tendredes moitasn propostas ,pero eu son incapaz de lembrar ningunha a non ser a de non a praia e non ao tráfico por Fefiñáns. De Tabuyo lémbrome de unhas cantas propostas que me causaron, teño que decilo, vergonza allea, como é a rúa das palabras, o auditorio ó aire libre, a biblioteca no pabillón deportivo, ou que Cambados viva da cultura, como non veña a sede da SGAE para Cambados,vexo crudo. En fin ,que de momento, nada de nada.

    Posted by egos | 04/05/2011, 6:30 pm

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: