//
arquivo

Archive for

Entrevista aos candidatos. Valoración da lexislatura


Iníciase hoxe a publicación das respostas ás preguntas que Cambados(tk) remitiu aos candidatos á alcaldía de Cambados. Serán dez as cuestións que se plantexan e vanse ir publicando aos poucos, coas preguntas agrupadas máis ou menos coas temáticas que se tratan.

Lamentablemente, igual que en 2007, non contamos coas respostas do candidato do PP. Antes Tourís e agora Aragunde, ignoraron a proposta deste espazo na web a pesar de que foron notificados correctamente, polos mesmos medios e no mesmo prazo que aos demais candidatos.

Pregunta 1. Como valora a xestión do actual goberno? É necesario un cambio?

Luis Aragunde, candidato do PP. Sen resposta

(O candidato do Partido Popular ignorou a proposta de Cambados(tk) a pesar de ter sido notificado en igualdade de condicións que os demais candidatos e polo tanto descoñecemos a súa resposta)

……

Domingo Tabuyo, candidato do PSdeG-PSOE.  O Goberno de Aragunde, é unha fotocopia e goberna ao dictado de Tourís, nin aportou nada novo nin o deixan que o intente. Aragunde limítase a seguir na mesma senda de creerse en posesión da verdade e practica os 4 principios esenciais que Tourís implantou: mentira, insulto, manipulación e publicidade permanente.

Polo tanto a valoración é negativa: prometeron montes e moreas para gañar as eleccións e todo está incumplido:nin temos Centro de Día, nin edificio de servizos sociais, nin transporte adaptado, nin políticas de xoves e maiores, nin Depuradora en Vilariño-Ribadumia,  nin vivenda sociais, nin tan siquera repuxeron o PAC de Pediatria: un engano masivo á cidadanía. Máis información na páxina web do PSOE de Cambados.

Víctor Caamaño, candidato do BNG. O  BNG  fai un balance claramente negativo da xestión do PP no concello de Cambados por moi diversas razóns, entre elas: porque non pensaron no cidadán á hora de facer política e o resultado son 1.500 parados e paradas, porque as súas actuacións no ámbito do marisqueo, comercio e industria foron nefastas para estes sectores, porque paralizaron urbanisticamente o concello, porque non o sanearon, porque o endebedaron por riba do razoable, porque seguen a practicar sen pudor unha política de contratación baseada no “enchufismo “, porque transformaron a festa do Albariño nunha convención do PP, porque ocultan datos públicos á oposición, porque utilizan o concello con finalidade partidista, porque non crearon canles de participación cidadán, porque non tratan por igual a todos e todas, porque benefician economicamente aos seus partidarios…, en fin; e por moitas  cousas máis.

É urxente un cambio de goberno municipal; o Concello de Cambados necesita ser saneado a todos os niveis. Máis información no blog de Víctor Caamaño.

A ENTREVISTA CONTINÚA MAÑÁ CON NOVAS RESPOSTAS

Máis sobre as formas en política


La Voz de Arousa volve a dar hoxe no clavo ao facer unha necesaria reflexión sobre as malas formas en política. Logo de que esta semana fixera unha descrición moi axustada á realidade (comentando o espectáculo dado polos hooligans do PP no debate do Auditorio) hoxe fai unha pequena crítica ao ex alcalde Cores Tourís.

Xa sabemos que Tourís non se caracterizou nunca pola súa educación á hora de tratar aos rivais políticos, máis ben todo o contrario. Nas últimas municipais referíase aos seus contrincantes deste xeito: “Mentres uns divagan, o poeta escribe, o outro contempla como os paxaros siguen voando e nós traballamos polo futuro de Cambados e polo benestar dos veciños” (La Voz de Arousa, 10/Abril/2007).

Anteonte, no mitin en Peña, Tourís dixo «Domingo Tabuyo anda presentando un conto en Martín Códax», segundo os propios xornalistas, con mofa e no seu clásico ton burlón (que por certo, outros sufrimos en persoa e podemos dar boa conta).

E eu penso exactamente igual que quen escribiu esa pequena referencia en La Voz; que malo ten que un político lle dedique parte do seu tempo á literatura? A ninguén lle colle na cabeza que sexa algo negativo; bueno si, a Cores Tourís e a seguro que a máis de un que lle volvería rir as grazas no mitin do PP.

A alcaldía de Cambados depende de un concelleiro


Publicaba onte La Voz de Galicia na súa primeira páxina unha pequena reportaxe sobre alcaldías galegas dunha ou doutra color política que dependen do baile de un concelleiro.

Xa se explicara aquí nalgunha ocasión, con datos concretos, e onte no mapa que adxuntaba La Voz puidémolo ver outra vez. E é que o Partido Popular en Cambados ten maioría absoluta, si, pero támén é certo que a tan só por un concelleiro de vantaxe desde as eleccións de 2003. Desta volta hai un factor importante en xogo, o do voto emigrante, que deixará ao PP sen máis dun cento de votos que obtiña mediante este discutíbel método (nas eleccións de 2007 foron exactamente 147 papeletas).

Tamén cabe salientar que o PP obtivo na última convocatoria electoral municipal un 47.71%, é dicir, obtivo a maioría absoluta de concelleiros pero non en votos. Queda patente, logo, a posibilidade real dun cambio o vindeiro 22 de Maio.

Ninguén di que sexa fácil, pero os datos son claros: é posible conseguilo.

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.