//
estás a ler...
As entrevistas, Cambados

Entrevista aos candidatos. Valoración da lexislatura


Iníciase hoxe a publicación das respostas ás preguntas que Cambados(tk) remitiu aos candidatos á alcaldía de Cambados. Serán dez as cuestións que se plantexan e vanse ir publicando aos poucos, coas preguntas agrupadas máis ou menos coas temáticas que se tratan.

Lamentablemente, igual que en 2007, non contamos coas respostas do candidato do PP. Antes Tourís e agora Aragunde, ignoraron a proposta deste espazo na web a pesar de que foron notificados correctamente, polos mesmos medios e no mesmo prazo que aos demais candidatos.

Pregunta 1. Como valora a xestión do actual goberno? É necesario un cambio?

Luis Aragunde, candidato do PP. Sen resposta

(O candidato do Partido Popular ignorou a proposta de Cambados(tk) a pesar de ter sido notificado en igualdade de condicións que os demais candidatos e polo tanto descoñecemos a súa resposta)

……

Domingo Tabuyo, candidato do PSdeG-PSOE.  O Goberno de Aragunde, é unha fotocopia e goberna ao dictado de Tourís, nin aportou nada novo nin o deixan que o intente. Aragunde limítase a seguir na mesma senda de creerse en posesión da verdade e practica os 4 principios esenciais que Tourís implantou: mentira, insulto, manipulación e publicidade permanente.

Polo tanto a valoración é negativa: prometeron montes e moreas para gañar as eleccións e todo está incumplido:nin temos Centro de Día, nin edificio de servizos sociais, nin transporte adaptado, nin políticas de xoves e maiores, nin Depuradora en Vilariño-Ribadumia,  nin vivenda sociais, nin tan siquera repuxeron o PAC de Pediatria: un engano masivo á cidadanía. Máis información na páxina web do PSOE de Cambados.

Víctor Caamaño, candidato do BNG. O  BNG  fai un balance claramente negativo da xestión do PP no concello de Cambados por moi diversas razóns, entre elas: porque non pensaron no cidadán á hora de facer política e o resultado son 1.500 parados e paradas, porque as súas actuacións no ámbito do marisqueo, comercio e industria foron nefastas para estes sectores, porque paralizaron urbanisticamente o concello, porque non o sanearon, porque o endebedaron por riba do razoable, porque seguen a practicar sen pudor unha política de contratación baseada no “enchufismo “, porque transformaron a festa do Albariño nunha convención do PP, porque ocultan datos públicos á oposición, porque utilizan o concello con finalidade partidista, porque non crearon canles de participación cidadán, porque non tratan por igual a todos e todas, porque benefician economicamente aos seus partidarios…, en fin; e por moitas  cousas máis.

É urxente un cambio de goberno municipal; o Concello de Cambados necesita ser saneado a todos os niveis. Máis información no blog de Víctor Caamaño.

A ENTREVISTA CONTINÚA MAÑÁ CON NOVAS RESPOSTAS

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: