//
estás a ler...
Cambados

Máis sobre as formas en política


La Voz de Arousa volve a dar hoxe no clavo ao facer unha necesaria reflexión sobre as malas formas en política. Logo de que esta semana fixera unha descrición moi axustada á realidade (comentando o espectáculo dado polos hooligans do PP no debate do Auditorio) hoxe fai unha pequena crítica ao ex alcalde Cores Tourís.

Xa sabemos que Tourís non se caracterizou nunca pola súa educación á hora de tratar aos rivais políticos, máis ben todo o contrario. Nas últimas municipais referíase aos seus contrincantes deste xeito: “Mentres uns divagan, o poeta escribe, o outro contempla como os paxaros siguen voando e nós traballamos polo futuro de Cambados e polo benestar dos veciños” (La Voz de Arousa, 10/Abril/2007).

Anteonte, no mitin en Peña, Tourís dixo «Domingo Tabuyo anda presentando un conto en Martín Códax», segundo os propios xornalistas, con mofa e no seu clásico ton burlón (que por certo, outros sufrimos en persoa e podemos dar boa conta).

E eu penso exactamente igual que quen escribiu esa pequena referencia en La Voz; que malo ten que un político lle dedique parte do seu tempo á literatura? A ninguén lle colle na cabeza que sexa algo negativo; bueno si, a Cores Tourís e a seguro que a máis de un que lle volvería rir as grazas no mitin do PP.

Conversa

3 thoughts on “Máis sobre as formas en política

  1. O único que da a entender este señor con este tipo de comentarios e que non colleu un libro na súa vida.

    Posted by pasapaporaqui | 08/05/2011, 3:19 pm
  2. en tempos facíanse fogueiras cos libros… a cultura e perigosa para o poder…¡¡¡vivan las caenas!!!… de vivir naqueles tempos sería un dos incendiarios…

    Posted by pepe | 08/05/2011, 7:40 pm
  3. Menudo escritor politico que escribe un libro no que narra historias de tiros e asesinatos no seu pobo,¿ese e o que quere ser alcalde de cambados?menuda maneira de promocionar cambados.

    Posted by xon | 08/05/2011, 9:28 pm

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: