Pechar a Praza de Fefiñáns non é unha medida aillada para o BNG, é necesario dar solución tamén ao problema de aparcamento da zona de Fefiñáns e en particular dun lugar transitado como o Xulgado. Por iso o Bloque propón que o cuartel da Garda Civil, que está pendente de ser reconstruido, sexa levado ao actual campo de Burgáns, onde se instalaría e quedaría aínda espazo para posteriores actuacións.
E que pasa co fútbol? Os nacionalistas propoñen centralizar dunha vez este deporte no Pombal, co que serán necesarias varias actuacións complementarias no Complexo Deportivo para dotar ese espazo dos mesmos servizos dos que goza Burgáns na actualidade (algo moi obvio serían as gradas para os partidos).
Deste xeito, no lugar onde agora está o cuartel da Garda Civil crearíase unha nova praza pública, cun aparcadoiro soterrado para 160 vehículos que daría servizo aos veciños da zona e ao xulgado. Esta praza estaría conectada coa senda que se prevé até a Torre da Homenaxe e melloraría o entorno da xa moi visitada Praza de Fefiñáns. O BNG contempla tamén que as zonas colindantes do IES Ramón Cabanillas poidan ser desenvolvidas urbanisticamente, pois son zonas de crecemento natural hacia o interior de Cambados.
Na presentación que podes ver embaixo explícanse graficamente as actuacións que o equipo de Víctor Caamaño propón: