//
arquivo

Archive for

"Internet nas eleccións locais", entrevista de Emmanuel Joven


O blogueiro cambadés Emmanuel Joven propuxo facerme unha entrevista sobre a influencia de internet nunhas municipais. Como non podía ser doutro xeito a miña resposta foi afirmativa e o pasado fin de semana quedamos para charlar. Emmanuel é un cambadés de 16 anos que ten certas inquedanzas que plasma no seu blog, do que xa falaramos aquí antes.

Agora vén de abrir esta sección sobre política local, de feito onte publicou unha entrevista con Jorge Horro, candidato do PP de Cambados, que tamén recomendo ler a pesares de discrepar na visión que este dá sobre a situación política do noso Concello.

Sobre a entrevista de internet, dicir que unha cousa que me quedou no tinteiro foi a comparación entre os partidos (de feito noméase ao comezo pero remato sen facela) e en resumidas contas creo que o Bloque levou a dianteira, porque non só apostou por internet nesta precampaña (que tamén creo que a liderou por medio do Facebook, do blog e dos vídeos en Youtube), senón porque non agardou a ela para canalizar as súas propostas e mocións ao longo da lexislatura por medio primeiro do Fotolog e máis tarde do Facebook. O PSOE fixo unha boa campaña centrada no Facebook, aínda que máis tardía, máis cercana aos comicios; e o PP apenas empregou os medios electrónicos para espallar a súa mensaxe.

LEMBRA QUE PODES PARTICIPAR NA ENQUISA ELECTORAL PREMENDO AQUÍ

O BNG celebra mañá xoves o mitin central


Será a partires das 21 horas na nave de Peña. Intervirán no acto Montse Prado (secretaria de Organización do BNG), Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego) e Víctor Caamaño (candidato á alcaldía de Cambados).

Ademais, presentarán o acto Almudena Castro, Manuel Fariña e  Xaquín Charlín (Chon), membros da candidatura. Participa tamén o gaiteiro e candidato do Bloque, Xaquín Xesteira.

O BNG anima a todos os cambadeses a asistir ao seu acto central, no que seguirán espallando as súas propostas para o vindeiro goberno municipal.

Entrevista aos candidatos. Medio ambiente


Pregunta 3. O medioambiente parece volver ao centro das disputas da política municipal. Que considera prioritario para a lexislatura que vén? En concreto…que opina das comportas do Saco?

Víctor Caamaño, candidato do BNG. O tema medioambiental, máis que volver, eu diría que segue no debate político de Cambados. As endémicas deficiencias no saneamento teñen efectos que van máis alá dos puramente mediambientais, pois resulta negativo para a saúde e tamén para o sector turístico e para o marisqueiro. Na situación de crise económica actual ao ter a problemática medioambiental un efecto negativo e directo sobre a economía, resulta lóxico, que volva a protagonizar o debate político. Ademais, para o BNG, sanear o litoral é un paso previo para recuperar os bancos marisqueiros litorais e polo tanto para crear postos de traballo no sector produtivo que mellor está a soportar a crise económica.

O paso do banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns de zona B a zona C foi  o exemplo de cómo os problemas  medio ambientais afectan negativamente á nosa economía. Este banco natural é moi produtivo e se lle está ameazando cunha obra que pode ter consecuencias nefastas para o seu futuro. O BNG está claramente en contra desta infraestrutura polo efecto negativo que esta vai a ter sobre o marisqueo. O PP defendeu a construción das comportas sen o máis mínimo principio de prudencia, con total escurantismo e impondo o seu criterio en contra do colectivo de mariscadoras e da D.X. de Ordenación e Xestión de Recursos  Mariños que pedía un estudio de impacto ambiental que dera a coñecer os efectos da obra sobre a produción marisqueira no lugar.Ver vídeo das propostas do BNG en temas medioambientais.

Luis Aragunde, candidato do PP. Sen resposta

(O candidato do Partido Popular ignorou a proposta de Cambados(tk) a pesar de ter sido notificado en igualdade de condicións que os demais candidatos e polo tanto descoñecemos a súa resposta)

Domingo Tabuyo, candidato do PSdeG-PSOE.  Un medioambente sostible que axude a potenciar os nosos sectores económicos e garanta a súa perviviencia cada vez en mellores condicións. Saneamento integral, depuración eficaz, protección medioambental e concienciación da reciclaxe, xunto co coidado do noso litoral, a aposta polas rutas naturais e pola xeneración de valor social do noso medio.

En concreto as comportas, dende van alá moitos anos, mantemos dous  principios: primeiro sanear para recuperar o valor productivo do Saco, e despois facer os estudos pertinentes, tanto o de Impacto Ambiental, como o de dinámica de mareas e afectacións por incremento de temperaturas da auga e incidencias derivadas da mesma en algas e outras especies, para ver se é ou non viable o proxecto da comportas, un proxecto no que non creemos. Pero o PP fai o de sempre: empezar a casa polo periódico e o tellado. Máis información na páxina web do PSOE de Cambados.

A ENTREVISTA CONTINÚA MAÑÁ CON NOVAS RESPOSTAS

Podes atopar aquí todas as preguntas publicadas até o momento

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.